Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Durante o mes de xuño realizáronse saídas formativas para a validación dos novos materiais
grupo_do_sil_cs.jpgFai xa aproximadamente un mes que editamos os novos materiais de inspección do Proxecto Ríos para, por unha banda, achegarnos máis aos requirimentos que demanda a Directiva Marco da Auga, e por outra, para afondar no recoñecemento dos macroinvertebrados, peza chave para determinar o estado de saúde do treito de río inspeccionado.
Crónica da terceira quenda do IV Campo de voluntariado ambiental do Tea
a_raiz_de_antonio_20_xuo_2010.jpgUnha vez máis, a pasada fin de semana do 11, 12 e 13 de Xuño de 2010 o Proxecto Ríos desenvolveu o terceiro turno do campo de voluntariado ambiental do río Tea, que xa vai pola súa cuarta edición e que este ano, por vez primeira, se realiza en catro quendas en Febreiro, Abril, Xuño e Outubro. Como en convocatorias anteriores, este campo de voluntariado estivo adicado á eliminación de flora exótica invasora das marxes do río Tea ao seu paso polo concello de Mondariz, concretamente entre os Pasos de Tatín e a Ponte Cernadelas. Os participantes contaron coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento, manutención e actividades complementarias como un roteiro nocturno e piragüismo.
Crónica dos VI Encontros de Voluntariado do proxecto Ríos
presentacion.jpgO pasado sábado 5 de xuño o Proxecto Ríos celebrou en Cambre o Encontro de Voluntariado. En 2010, e en vindeiros anos, o Proxecto Ríos pretende promover a adopción de ríos nos grupos participantes. Por este motivo este VI Encontro de Voluntariado foi dedicado á custodia fluvial, explicando aos participantes en que consiste esta ferramenta para o voluntariado en ríos. Tamén este ano pretendemos editar un manual de adopción de ríos que será enviado ao voluntariado do Proxecto Ríos.

VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Rios
imagen2.jpgCelebraremos o VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos no Concello de Cambre (Biblioteca Central de Cambre) o día 5 de xuño de 2010. Este ano faremos fincapé na custodia fluvial como ferramenta para a participación social en ríos. A custodia fluvial ou adopción de ríos é un dos fins do Proxecto Ríos, onde os grupos participantes poden desenvolver accións máis concretas de conservación dos ecosistemas fluviais a través do voluntariado ambiental. Coñeceremos experiencias relacionadas con este tema dos Proxectos Ríos doutros territorios do estado español, nomeadamente de Cantabria e Cataluña. Tamén presentaremos proxectos de custodia que está a realizar o Proxecto Ríos de Galiza e distintas entidades do país.

Estades todos/as convidados/as.


Crónica da segunda quenda do campo de voluntariado ambiental do Tea
foto_de_grupo_cr_15.jpgA fin de semana do 23, 24 e 25 de abril de 2010 o Proxecto Ríos desenvolveu o segundo turno do campo de voluntariado ambiental do río Tea, que xa vai pola súa cuarta edición. Como en convocatorias anteriores, este campo de voluntariado estivo adicado á eliminación de flora exótica invasora das marxes do río Tea ao seu paso polo concello de Mondariz, concretamente entre os Pasos de Tatín e a Ponte Cernadelas. Todos os participantes contaron coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento e a manutención.
Crónica das XI Xornadas de coordenadroes do Proxecto Ríos
mesa_10.jpgO pasado sábado dezasete de abril celebrouse como é costume na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o Curso de formación de coordenadores/as do proxecto ríos correspondente á campaña de primavera.A temática deste curso centrouse na revisión participativa dos novos materiais que están a piques de editarse. Un manual de inspección ampliado e unha nova ficha identificativa de macroinvertebrados. Ademais se ensinou a nova metodoloxía para medir o pH, os nitratos e outros dous novos parámetros como o osixeno disolto e a saturación de osixeno.
Segunda quenda do Campamento de Voluntariado Ambiental do río Tea
gardarrios_xan.jpgNeste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.
O Proxecto Ríos participa nas I Xornada de Voluntariado en Ríos da CHS

murcia.pngO Proxecto Ríos  participará esta semana nas I Xornadas de Voluntariado en Ríos da Confederación Hidrógráfica do Segura . O encontró que se celebrará os dias 16 e 17 de abril en Murcia, pretenden ser un espazo de intercambio de experiencias e reflexións sobre as estratexias de conservación e mellora dos espazos fluviais desde a participación cidadá.

O Proxecto ríos presentará dous programas de custodia fluvial, o Proxecto Tea e o proxecto castieixas.


<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 16 de 134
go to top