mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






Roteirrios 2017. Rio Navea
gardarrios_salvora.jpgO próximo Roteirríos terá lugar o sábado 28 de outubro. Desta volta iremos coñecer unha das Reservas Naturais Fluvias da provincia de Ourense. Será no Río Navea no Macizo Central en Chandrexa de Queixa. Trátase dunha zona de alta montaña coas caracteríticas salvaxes e elevado valor paisaxístico que posúen estes ríos e cunha presión antrópica case inexistente.
Pódese ver máis información sobre este espazo nesta LIGAZÓN
As prazas para participar neste roteiro son limitadas e é preciso inscribirse.
 
Inscricións e máis información:
Telf/Fax: 981 57 00 99.
Móbil: 619 672 038 / 616 238 050
Podes descarregar o cartaz AQUÍ
Campo de Voluntariado Ambiental no Río Tea
imagen_sin_ttulo_ii.pngO próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 20, 21 e 22 de outubro, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias.
Para a realización destes XII Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.
Se queres participar cubre a Inscricion_XII_Campo_Tea_2017.doc e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos.
Inscricións e máis información:
Telf/Fax: 981 57 00 99.
Móbil: 619 672 038 / 616 238 050
Podes descarregar o cartaz: EEI do Tea outubro 2017.pdf
Resultados X Limpeza Simultánea de Ríos
img20171001wa0128.jpgFomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.
Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, unha cadeira de escritorio, unha colchoneta de praia, plásticos de silo, pilas, electrodomésticos, uralitas. As toalliñas húmidas volveu ser do lixo máis abundante. Apareceu tamén roupa, calzado...

ADEGA e a CHMS renovan o convenio para o desenvolvemento do Proxecto Ríos na bacía do Miño-Sil
img20170928wa0006.jpgADEGA asinou o pasado 27 de setembro, un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para o desenvolvemento de actividades con voluntariado na bacía do Miño-Sil durante o 2017 dentro do programa Proxecto Ríos. O presidente da CHMS, Francisco Marín e a presidenta de ADEGA, Virginia Rodríguez, asinaron dito convenio por un importe de 10.000€, cos que se realizarán actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos da bacía do Miño-Sil. Entre outras accións, desenvolverase un campo de voluntariado ambiental no río Tea, saídas formativas con voluntariado e roteiros interpretativos na contorna da bacía do Miño-Sil, así como a X Limpeza Simultánea de Ríos.
XXVI Xornada de Formación do Proxecto Ríos
xxv_curso_de_formacion._primavera_2017.jpgO día 30 de setembro é a data na que temos prevista a realización da xornada de formación do voluntariado da campaña de outono 2017. Será, como en ocasións anteriores na EHEC en Vilagarcía de Arousa. Estes cursos están destinados aos grupos de participantes do Proxecto Ríos e neles afondamos en cuestións relacionadas cos nosos ecosistemas fluviais.
A actividade central é a recollida e identificación de macro invertebrados, mais tratamos outras temáticas que teñen que ver coa diversidade que alberga os nosos ríos.
A temática será a perda de biodiversidade nos ríos que teñen eucaliptais no bosque de ribeira, cunha conferencia de Adolfo Cordero da UVigo.
Podes descarregar o cartaz da xornada: XXVI_Curso_Formacion_Outono_2017.pdf
Eliminación de EEI no río Limia
dscn3818.jpgO día 16 de setembro realizaremos unha nova actuación de eliminación de EEI no ZEC Río Limia sobre a Ludwigia grandiflora.
Será a terceira actuación que servirá para valorar os efectos acadados nas xornadas desenvolvidas en 2015 e 2016. Nesta nova acción voltaremos ao mesmo treito do río Limia para retirar a L. grandiflora. Compararemos así os efectos dos traballos desenvolvidos nos anos anteriores e ampliaremos a superficie de eliminación. Pódese consultar a crónica da actuación do ano pasado nesta ligazón.
Para participar é preciso inscribirse cubrindo a Ficha_Inscricion_Limia_2017.doc.
A actividade é gratuíta e durará toda a mañá e parte da tarde. O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá a manutención cuberta.
Pódese descarregar tamén o Cartaz da Xornada
X Limpeza Simultánea de Ríos

mollate.jpgEste ano 2017 celebraremos a décima edición das limpezas simultáneas de río. Vai alá unha década na que centos de persoas teñen participado nesta xornada de retirada de lixo dos cursos fluviais.

Pódese descarregar o cartaz da xornada Mollate_Polos_Rios_2017_II.pdf

Crónica do XIII Encontro de Voluntariado e Bioblitz
O venres 16 e o sdscn0875.jpgábado 17 de xuño celebramos a 13ª edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de facer protagonistas aos voluntarios e voluntarias que participan no Proxecto Ríos.
En 2017 continuamos propoñendo facer unha descuberta de biodiversidade (Bioblitz) para profundizar máis no coñecemeto da flora e a fauna que habita nos nosos ríos e ribeiras. Desenvolveuse esta actividade nas ribeiras do río Arnego.
 
Pódese descargar:
 
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 16 de 383
go to top