bannerlimpeza2.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Volvemos a mollarnos polos humidais

cartaz.jpgO día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Este 2 de febreiro, móllate polos humidais con Proxecto Ríos!


Xornadas de voluntariado na UDC

imagen1.pngA problemática da flora alóctona invasora é unha das principais causas de desaparición de biodiversidade no mundo. Aínda que a maior parte de estas especies exóticas invasoras semellan inofensivas, os efectos que teñen sobre a flora autóctona e sobre os nosos ecosistemas son moi preocupantes. Ademais, estas invasións biolóxicas prodúcense sempre pola acción do home, xa sexa dunha forma directa ou indirecta. Por isto, dende a oficina de medioambiente da UDC (OMA) traballando en colaboración con Proxecto Ríos preocupámonos pola conservación da biodiversidade da nosa flora, e intentando facer unha labor de concienciación da sociedade universitaria estamos a organizar unha Xornada de Voluntariado Ambiental, centrada desta volta na problemática das especies exóticas invasoras.

Resultado do sorteo da guia de libelulas de Galicia
libelulas1.jpgVimos de facer o sorteo do Concurso do Proxecto Ríos dunha guía de Libélulas de Galicia da Editorial Baía. A agraciada foi Natividad Fernández Ojea. Parabéns!! En breve recibirá na súa casa dito exemplar.
Sorteamos a Guía de Libélulas de Galicia

libelulas1.jpgProxecto Ríos premia o teu interese polo estado dos nosos cursos fluviais. Se lle botas un ollo ao Informe do estado de saúde dos ríos Galegos do 2011, poderás contestar ás cinco preguntas que plantexamos.

Entre as persoas que acerten ao contestar esas cinco preguntas sortearemos  unha Guía das Libélulas de Galicia, escrita por  Miguel Angel Férnandez Martínez publicada pola Editorial Baía.

 

Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2011
 O Proxecto Ríos,  presentou o Informe 2011 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. No informe recollese o estado dos ríos galegos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, e as actividades máis importantes realizados durante o ano 2011. O Informe anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacías a partir dos indicadores empregados polos participantes.
 
Aquí podes descargar o informe e o resumo
 
O Proxecto Ríos presenta Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2011

presentacin_estado_pr_2009_10.jpgSantiago de Compostela 28 de decembro de 2011. O Proxecto Ríos, presenta o Informe 2011 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. No informe recollese o estado dos ríos galegos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, e as actividades máis importantes realizados durante o ano 2011. A presentación terá lugar o venres 30 de decembro de 2011 no local de ADEGA (Travesa de Basquiños, 9 baixo) en Santiago de Compostela ás 12:00 h. Estades convidados e convidadas

Participa coas túas fotos no CalendaRío 2012
imagen1.pngComo todos os anos estamos a preparar o CalendaRío do Proxecto Ríos no que vos facemos chegar as actividades máis destacadas. Como estamos no ano Europeo do Voluntariado pensamos que sería acaído que no calendario do ano vindeiro recolleramos algunhas imaxes do traballo que se está a facer dentro do proxecto. Queremos propoñervos que enviedes as vosas fotos, aquelas que consideredes poden ilustrar o voso traballo no río para empregar no CalendaRío.


Charla de PR e limpeza do río Lagar na UDC

limpeaa.jpgO día 30 de novembro de 2011 deu comezo a primeira das actividades organizada pola Oficina de Medio Ambiente da Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental da UDC, en colaboración con ADEGA. Aínda que están programadas outras actividades de temáticas diversas, desta volta comezaron as actividades programadas con Proxecto Ríos.

A primeira das actividades foi unha charla divulgativa sobre o PR que se celebrou o día 30 de novembro no salón de actos da facultade de Ciencias (UDC). Presentáronse as accións básicas que calquera voluntaria ou voluntario pode realizar dentro do proxecto, e tamén as numerosas iniciativas de conservación, custodia fluvial e voluntariado ambiental que foron xurdindo dende PR nos últimos anos, como o proxecto Tea, o proxecto Castieixas…etc.  

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 16 de 195
go to top