bannerlimpeza2.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Workshop Conservação de Peixes e Bivalves Ameaçados
workshop.pngOs días 29 e 30 de maio celébrase en Bragança un obradoiro sobre a conservación de peixes e bivalvos ameazados. Está organizado pola Escola Superior Agrària de Bragança, o Centro de Investigação de Montanha e o Instituto da Consevaçao da Natureza e das Florestas. Presentaranse traballos e proxectos relacionados coa conservación de especies como Achondrostoma occidentale, Margaritifera margaritifera e Galemys pirenaicus. Haberá tamén participación de asociacións que falarán da participación social nos espazos fluviais. Neste apartado, o Proxecto Ríos estará presente falando do papel do voluntariado na conservación das zonas de ribeira.
ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o Proxecto Ríos
20150513_133931.jpgADEGA ven de asinar coa Xunta, a través de Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio, pertencentes á Consellería de Territorio, Infraestruturas e Medio Ambiente, a continuidade do Proxecto Ríos para 2015. A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virxinia Rodríguez, asinou o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez.
11 anos, 3 lexislaturas con diferentes governos e milleiros de voluntarios/as avalan esta iniciativa de custodia fluvial promovida por ADEGA. Na actualidade, o Proxecto Ríos conta con 308 grupos de voluntarios/as que supoñen a participación de máis de 3.000 persoas.
Crónica do Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea 2015
img_1797.jpgDurante a pasada fin de semana, do 8 ao 10 de maio, continuaron as actividades deste proxecto que ADEGA e o Proxecto Ríos levou a cabo a través do Programa de Voluntariado en Ríos, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –MAGRAMA– dende o ano 2007. O voluntariado leva realizando actividades no río Tea durante oito anos, sendo este o XIX campo de voluntariado que se realiza. En 2015 voltamos a contar coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. O voluntariado contou coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento, manutención e actividades complementarias como un roteiro polo río Alén que serviu para coñecer máis de cerca os valores naturais que alberga a conca do río Tea. Podes ver as fotos do X Campo do Tea no Album de Google+
 
 
Novo folleto sobre especies invasoras
folleto_invasoras.pngADEGA ven de editar dous folletos para alertar unha vez máis sobre a problemática das especies invasoras.
Os folletos forma parte do plan de divulgación do proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad. Grazas a esta iniciativa ADEGA realiza ao longo deste ano diferentes actividades relacionadas coas especies exóticas invasoras. En marzo se realizou unha xornada de eliminación de invasoras no río Liñares con voluntariado ambiental e nos próximos meses celebraranse outras dúas xornadas similares.
 
 
 
 
 
 
O Proxecto Ríos participa no Plan Proxecta
20121201_12.39.33_reducida.jpgO próximo sábado 25 de abril, o Proxecto Ríos participará na Xornada do Plan Proxecta da Consellería de Educación na Escola Galega de Administracións Públicas. O Plan Proxecta é unha proposta para que os centros de ensino de Galiza traballen temáticas transversais co seu alumnado a través dun proxecto interdisciplinar. O Proxecto Ríos participa coa temática "Ríos". Os asistentes terán a oportunidade de coñecer máis de cerca os obxectivos, os materiais e a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos, así como todas as actividades que, ao longo de todo o ano, se realizan cos grupos participantes. Como exemplo de realización de actividades para o Plan Proxecta dentro do Proxecto Ríos, estarán os compañeiros do IES Plurilingüe Fontem Albei de A Fonsagrada. Cos centros de ensino que se anotaron este ano ao Plan Proxecta estamos a realizar actividades de inspección ao longo do curso escolar 2014/2015.
X Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea
captura_cartaz_tea_2015.pngO próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 8, 9 e 10 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes X Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.

Se queres participar cubre a preinscrición: Inscricion_X_Campo_Tea.doc e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos. Podes descarregar tamén o cartaz da actividade: X EEI do Tea.pdf

Crónica do Roteirríos polo Támega
img_0316.jpgO pasado 19 de abril deu comezo o programa de itinerarios do Proxecto Ríos Roteirríos. É un programa que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social asociado. En 2015 imos xa pola oitava edición deste programa. Comezamos facendo unha visita ao río Támega ao seu paso pola vila de Verín, treito que está na Rede Natura 2000. Ás 10:30 horas da mañá démonos cita cos participantes a este primeiro roteiro na ponte que cruza o río Támega en Verín. Podes ver as fotos do roteiro na seguinte LIGAZÓN.
Crónica das XXI Xornadas de Formación
img_0067.jpgFoi o pasado sábado, 18 de abril, cando celebramos o curso de primavera do Proxecto Ríos, que xa vai pola súa vixésimo primeira edición, na estación de Hidrobiolxía do Encoro do Con, en Vilagarcía de Arousa. Sobre as once da mañá fóronse acomodando os participantes do encontro, e un cuarto de hora máis tarde daba inicio unha pequena introducción a cargo de Ramsés Pérez, Lucía Parente e Paco Bañobre, que falaron do informe realizado cos datos aportados polo voluntariado en 2014 e un anuncio das actividades programadas polo Proxecto Ríos e Charcas con Vida para esta primavera, así como dos materiais editados. Podes ver as fotos da xornada nesta LIGAZÓN.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 16 de 317
go to top