bannerlimpeza2.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Comeza a campaña de primavera 2015

foto_inspeccion_chaian.jpgO 15 de abril dará comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 1 de xuño. Animámosvos a que saíades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Acordádevos de enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Estará tamén dispoñible o Xeovisor do Proxecto Ríos para inserir os resultados das vosas inspeccións. Se non tedes as chaves para entrar na plataforma, contactade a través do teléfono (981 57 00 99) ou o correo electrónico:

Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes. Recordarvos que o Curso de Formación será o día 18 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos e podedes ver toda a información na nova do curso na web.

Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa

Xornada divulgativa: Enfermidades Infecciosas Emerxentes
enfermidades_infecciosas.jpgA propagación de varias enfermidades, denominadas enfermidades infecciosas emerxentes, ten levado á extinción repentina a numerosas poboacións de anfibios, mesmo en lugares illados e ben preservados. ADEGA, Asociación Herpetolóxica Española (AHE) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) queren divulgar esta problemática para o que convocan unha xornada formativa o vindeiro sábado 25 no Pazo da Cultura de Pontevedra, día no que ademáis se celebra o evento mundial Save The Frogs Day.
Malia coñecerse relativamente pouco sobre o modo de actuación destas enfermidades, é imperativo que toda a xente coñezan esta grave problemática Son moitos os visitantes dos ecosistemas acuáticos que poden axudar ao coñecemento destas enfermidades biólogos, investigadores, voluntariado ambiental, pescadores deportivos, afeccionados as actividades acuáticas e público xeral.
Podes descarregar o cartaz AQUI
Roteirrios 2015. Roteiro polo Támega (Verín)
captura_tamega_roteirrios.pngRoteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social asociado. En 2015 imos xa pola oitava edición deste programa. O primeiro roteiro organizado será ao río Támega en Verín, Lugar de Interese Comunitario da Rede Natura 2000. Será o domingo 19 de abril.
Podes descarregar o cartaz:  Cartaz_Rio_Tamega.pdf
XXI Xornadas de Formación do Proxecto Ríos
captura_cartaz_1.pngO sábado 18 de abril, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XXI Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso será achegarnos á sondaxe de lontra promovida pola SECEM e converter a este mamífero como especie do ano 2015 do Proxecto Ríos. Podes obter máis información AQUI. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: XXI Curso de formacion. Primavera 2015. PDF.pdf
O Proxecto Ríos participa na IV sondaxe de lontra
pegata_lontra_2.jpgA partir deste 2015, Proxecto Ríos adicaralle cada ano a unha especie ligada aos ecosistemas fluviais. A especie escollida poderá ser unha árbore, ave, mamífero, insecto, ou unha das moitas especies exóticas invasoras que están inzando os nosos ríos. A intención é afondar e contribuír ao coñecemento da súa distribución así como de outros aspectos da súa ecoloxía. Para máis info pódese descarregar o seguinte documento: 
Concurso do Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos
c35288bcfc6c404d99cfa33c80313e87.jpgComo cada ano, logo de publicar o Informe Anual, o Proxecto Ríos premia o teu interese pola saúde dos nosos ríos. Formulamos cinco preguntas sobre o informe. Entre as persoas que resposten correctamente a estas preguntas sortearemos a guía: Freshwater life (Britain and Northern Europe)
Xa podes solicitar algunha saída formativa
ranita_de_san_antn.jpgDende a coordinación do Proxecto Ríos, xa estamos programando diferentes saídas formativas para a campaña de primavera.

Todos e todas  que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e  se sodes xa membros e queredes solicitar algunha saída formativa ou tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos.

Na actualidade somos xa perto de 300 grupos as que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SÚMATE!

 

Resultados do Informe Anual 2014

10351604_1007647005929294_2566909779840960809_n.jpgO informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2014.

Resumo do informe:Resumo_Informe_PR_2014.pdf

Podes descarregar o informe completo: Informe_Proxecto_Rios_2014.pdf

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 16 de 309
go to top