http://dogfenceideas.beep.com/
Concellos colaboradores

A administración local como ente público máis próximo ao cidadá é a que ten máis oportunidades de servir de plataforma para a participación social, poñéndose ó servicio de iniciativas sociais existentes ou fomentando que xurdan outros procesos participativos nos seus territorios.

Estratexía galega de Educación Ambiental, páxina 57.

As entidades de réxime local, os concellos, poden e deben cumplir unha función pionera en canto a divulgación e asunción de proxectos que redunden nunha mellora da calidade ambiental e polo tanto da calidade de vida da cidadanía. A participación das administracións locais debe servir de exemplo para a sociedade fomentando que esta se implique en proxectos de actuación como o que nos ocupa, o Proxecto Ríos. O voluntariado ambiental para a defensa e mellora dos Ríos en colaboración cos Concellos é unha liña que dende o Porxecto Ríos estamos a desenvolver para a consolidación e crecemento do mesmo.

Dende o Proxecto Ríos queremos convidar aos concellos a sumarse ao mesmo sendo Concellos Colaboradores do Proxecto Ríos.

A figura de Concello Colaborador supón o compromiso por parte da administración local de difundir e impulsar entre o tecido social do municipio as actividades do Proxecto Ríos.


Esta categoría está baleira

go to top