O 15 de setembro de 2008 dará comezo a campaña de outono do Proxecto Ríos que se estenderá até o 31 de outubro. Todos os grupos participantes deberán saír aos seus treitos de río para facer as inspeccións e enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual de estado de saúde dos ríos galegos. Ao longo deste mes, os participantes recibirán por correo postal os reactivos químicos necesarios para medir o pH e os nitratos da auga.
Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa