Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






Nova edición da limpeza Simultanea de ríos Imprimir E-mail

botas.jpgO 27 de Setembro terá lugar unha nova edición da  limpeza simultánea de ríos. A limpeza desenvolverase en colaboración con entidades e concellos que participan no Proxecto Ríos. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.

Se estás interesado/a en coordinar unha equipa de limpeza, ponte en contacto con nos. ( , 981.570099)

 

 

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. 

 Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Na actualidade estamos elaborando o listado de concellos e entidades participantes,

Estade atentos e atentas, xa que en breves días teremos xa os nomes dos coordinadores, para que vos poidades inscribir nesta nova edición da limpeza simultánea de ríos 2009.


< Anterior   Seguinte >
go to top