Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






III Campo de Voluntariado ambiental do río Tea Imprimir E-mail
imagen1.pngNesta campaña de outono en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, celebrarase durante tres fins de semana do mes de outubro (9-11; 16-18; 23-25) un novo campo de voluntariado no río Tea. Neste camo realizarase novas accións encamiñadas a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.

Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordinación do proxecto.

O Campamento é gratuíto e hai un número limitado de plazas en cada turno. Se estás interesada/a en participar, xunta a preinscripción e enviaa a coordinación do Proxecto Ríos ( ).inscripcion campo.doc Inscrición campo (115 KB)

Podes inscribirte nos tres turnos ou de xeito independente nalgún deles.

TURNOS

9-11 de outubro

16-18 de outubro

23-25 de outubro

PROGRAMA


VENRES

mañá

tarde

 
 
 
18:00 h
Recepción (albergue)
19:00 h
Presentación do PR
 
19:30 h
Presentación e Formación do Programa do Tea
21:00
Cea
22:00
Tempo de lecer
SÁBADO
mañá
tarde
09:00
Almorzo
16:30-20:00
Traballos de campo
10:00-13:30
Traballos de campo
20:30
Regreso ao albergue
14:00
Xantar
21:00
Cea
15:00-16:30
Descanso
22:00
Roteiro nocturno
DOMINGO
mañá
tarde
10:00
Almorzo
16:30-18:00
Itinerario guiado
10:30-13:30
Posta en común e avaliación
18:30
Volta
14:00
Xantar
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pola semana realizaranse charlas nos distintos concellos polos que pasa o río (O Covelo, Soutelo de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra do Miño). 

Non dubidedes en contactar con nos para resolver calquera cuestión.

Proxecto Ríos
Travesa de Basquiños, 9 Baixo, 15703 Santiago de Compostela
Teléfono fixo/Fax: 981.57.00.99
Teléfono móbil: 650.261.283
 

 

< Anterior   Seguinte >
go to top