Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






Crónica da II Limpeza simultánea de ríos Imprimir E-mail
grupo_vigo.jpgO domingo 27 de setembro de 2009 realizouse en 22. concellos de Galicia a II limpeza simultánea de ríos. Co nome de “Tes unhas botas na casa?”, ADEGA e o Proxecto Ríos organizamos unha campaña de recollida de lixo nos cursos fluviais do noso país. Neste segundo ano sumáronse á iniciativa concellos, asociacións de pescadores, culturais, ecoloxistas… de 22 lugares de Galicia. Algúns deles xa participaron na actividade do ano pasado ou están activos no Proxecto Ríos, outros sumáronse por primeira vez nesta segunda edición á retirada de materia inerte (plásticos, papeis, refugallos varios, etc.) dos cursos e das marxes dos ríos. Dende o Proxecto Ríos e ADEGA queremos agradecer profundamente a todos os colectivos que se implicaron na coordinación da limpeza na súa zona. Agradecer tamén aos concellos o compromiso na conservación dos ríos que regan os seus municipios proporcionando o material necesario para realizar a limpeza e a recollida do lixo retirado dos ríos e/ou apoiando economicamente a actuación. 
Dossier Limpeza 2009b.pdf Dossier Limpeza 2009b.pdf (743.03 KB)


Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo2009.pdf Protocolo de limpeza 2009 (600 KB) coa fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Neste protocolo explícase polo miúdo que facer antes da limpeza, durante a limpeza e despois da limpeza, así como que facer coa suposta "maleza" que moitas veces está presente nos ríos. Tamén agasallouse aos/ás voluntarios/as que participaron con unhas camisolas co lema da actividade.

As limpezas realizáronse en xornada de mañá en diferentes ríos do país, comezando sobre as 10.00h e rematando arredor das 13.30h. Nestas intensas horas de traballo foron retirados centos de quilos de lixo, o que indica, por unha banda, a situación de abandono no que aínda se atopan moitos dos nosos ríos, sobre todo aqueles que atravesan núcleos de poboación; e por outra que, en pouco tempo de traballo, un pequeno grupo de persoas pode facer un gran beneficio aos ecosistemas fluviais. Hai que erradicar definitivamente a horrible idea de que os ríos, os mares ou os montes son vertedoiros. Cando pretendemos desfacernos do lixo sacándoo da nosa vista tarde ou cedo aparecerá fedorento dándonos nos fociños.

De seguido aparece unha relación dos colectivos participantes onde se especifica en que río se actuou, o número de persoas que foron a limpar e a cantidade de lixo se retirou.

Colectivo/Concello

Río

Voluntarios/as

kg Lixo

Asociación pola Defensa do Val do Liñares (A Estrada)

Liñares

8

200

Adega-Carballo

Anllóns

8

350

Adega-Ourense

Barbaña

12

300

ADEGA-Compostela

Sar

19

150

Asociación O Fervedoiro (Cuntis)

Gallo

15

500

Serra de Outes. IES Poeta Añón

Tines
44
100

Concello de Lalín

Asneiro

10

800

ADEGA-Lugo

Rato

8

1000

Asociación de Troiteiros do Río Furelos (Melide)

Catasol

7

300

Concello de Ordes

Cabrón

14

300

Plataforma defendendo oTea (Ponteareas)

Tea

13

600

Vai Polo Río (Pontevedra)

Rons

10

500

Concello do Porriño

Louro



 Colectivo Ecoloxista do Salnés (Ribadumia)  Umia

7

 600

Asociación Trezecatorze (Salceda de Caselas)

Caselas

16

200

ADEGA-Vigo (Vigo)

Eifonso e Lagares

17

300

Adega-Mariña (Xove)

Rigueira

17

80

Concello de San Sadurniño

Aceiteiro
12
150

AETNA Asociación etnográfica (Fene)

Baa

25

200

Concello de Carral

Barcés
8
100

Concello de Muxía

Negro
6
200

Total:
Voluntarios/as: 276
Kg lixo: 6.930


 

< Anterior   Seguinte >
go to top