Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






III Campamento de voluntariado ambiental do río Tea Imprimir E-mail
acacias_i_turno.jpgNeste xa rematado mes de outubro de 2009 vénse de realizar a III edición do campamento de voluntariado ambiental no río Tea, en colaboración co ministerio de Medio Ambiente, medio Rural e Marino, dentro do programa de Voluntariado en ríos da citada entidade. Continuáronse os traballos de eliminación de especies de flora exótica invasora, comezados o ano pasado, no II Campamento.

 

 

 

As persoas voluntarias que participaron neste campamento viñan de diversos bamb.jpgámbitos e lugares de Galicia. Universitarios, gardarríos, xardineiros, mestres, etc. Todos eles estiveron aloxados no albergue Alentea, na parroquia de Barciademera en réxime de pensión completa. Nun entorno agradable con trato familiar e boa comida caseira.

 

Cada turno constou de tres xornadas, os venres pola tarde reservouse para a presentación e a charla coloquio sobre as Especies Exóticas Invasoras (EEI). Ofrecéuselles aos voluntarios unha carpeta con material didáctico, o programa do campamento, os dereitos e deberes dos voluntarios, o folleto do Proxecto Tea, o caderno de Plantas Exóticas invasoras do río Tea feito dende o Proxecto Ríos, o folleto de Especies exóticas invasoras en Galicia da Consellería de Medio Ambiente, un documento das principais especies exóticas do río Tea con información ampliada, a enquisa final de valoración, unha ficha de socio de Adega e un exemplar da revista Cerna de ADEGA.

 

 

tritonia.jpgOs sábados foron os días destinados ao traballo de campo. As actuacións centráronse no treito do Tea que vai dende os Pasos de Tatín ata a Ponte Cernadela, coa salvedade de que este ano por motivos meteorolóxicos fixéronse traballos trescentos metros augas arriba dos Pasos.

 

O alto nivel de auga que no segundo turno impediu cruzar os pasos con seguridade deu pé a eliminar herbáceas na marxe esquerda augas arriba dos pasos. Nesta beira tamén se eliminaron especies no primeiro turno, nunha pequena praia fluvial. Acacia dealbata, bambú, tintureira e coniza foron as principais especies sobre as que se actuou. Puidéronse observar signos evidentes de rexeneración natural nas áreas de traballo, mostras do asentamento de especies autóctonas das primeiras etapas da sucesión ecolóxica.

 

Os domingos tocou descansar e facer a posta en común dos resultados anotadosposta_comun.jpg na ficha de campo. Momento de reflexión e suxerencias varias. Logo realizáronse roteiros lúdicos. Unha visita a reitoral e igrexa de Barciademera e polo río Alén, no que puidemos ver a Woodwardia radicans, outro polo Tea aproveitando para facer unha limpeza de lixo e noutra xornada fíxose un descenso en piragua polo Tea.

Para a vindeira xeira, ano 2010, continuaranse os traballos de eliminación. Repartiranse os turnos do campamento ao longo das diferentes estacións co fin de facer un bo seguimento das áreas, adecuarse as épocas de floración das diferentes especies e experimentar con estaquillado de especies autóctonas.

O campamento do río Tea é xa un espazo consolidado de mellora fluvial dun ecosistema rico como é o LIC río Tea. Onde a educación ambiental, a participación cidadá na solución de problemas medioambientais e o desfrute da natureza danse cabida.

< Anterior   Seguinte >
go to top