Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






O Proxecto Ríos presenta o seu calendario de actividades para o ano 2010 Imprimir E-mail

calendario.jpgCo inicio do ano, dende o Proxecto Ríos, editamos un calendario que achegamos a todos/as os/as participantes, co obxectivo de informar das actividades previstas para o 2009. No CALENDA-RÍO 2010 pódense consultar as datas das actividades centrais do Proxecto Ríos deste ano.

Descarrega o calendario aquí calendario.pdf Calenda-Río 2010.pdf (1 MB)

 


As actividades máis salientábeis para este 2010 son:

Campañas de inspección: marcan as datas nas que os/as participantes no Proxecto deben realizar as súas inspeccións de río. A campaña de primavera comeza o 15 de abril e esténdese até o 31 de maio. A campaña de outono iníciase o 15 de setembro e remata o 31 de outubro.

Cursos de formación: para fornecer aos participantes dos coñecementos sobre a identificación de macroinvertebrados, o Proxecto Ríos organiza estes cursos na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con durante as campañas de inspección. En primavera farase o 17 de abril e en outono o 2 de outubro. Ademais da identificación destes animais chave para saber o estado de saúde do treito inspeccionado, nos cursos de formación tratamos temáticas, a través de charlas-debate, relacionadas con aspectos relevantes que afectan aos cursos fluviais.

Encontros de voluntariado: é o espazo no que os/as voluntarios/as participantes poden presentar as súas experiencias relacionadas coas inspeccións de río, ademais de intercambiar opinións, coñecer a outros grupos, resolver dúbidas, etc. Levarase a cabo o día 29 de maio.

Saídas formativas: durante as campañas de inspección os grupos poden solicitar saídas guiadas no seu treito de río co obxectivo de asimilar a metodoloxía empregada nas inspeccións.

Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos: con todos os datos recollidos polos participantes nas dúas campañas, no Proxecto Ríos elaboramos un Informe Anual para coñecer o estado se saúde dos ríos inspeccionados. Este informe presentarase o 15 de decembro de 2010.
Outras actividades previstas para este ano son:

Calendario fenolóxico: é unha actividade que ten como obxectivo coñecer o estado e o tempo de floración de determinadas especies de árbores ao longo de varios anos. Con este estudo pretendemos obter unha instantánea de cómo pode afectar o cambio climático no desenvolvemento dos ciclos vitais destas especies que habitan nos ríos galegos e que condicionan, en moitos casos, a vida doutras especies, tanto de flora como de fauna. As saídas para coñecer o estado de floración faranse na semana do 5 – 11 de abril.

Roteirríos 09: programa de itinerarios que pretende divulgar e poñer en valor algún aspecto relacionado cos ríos de Galiza. Este é o cuarto ano no que se desenvolve este programa e que ten moi boa acollida na sociedade en xeral e non só entre os/as participantes do Proxecto Ríos. Este ano estarán centrados no coñecemento dos ríos de alta montaña. Os roteiros serán: o 13 e 14 de marzo e o 25 de setembro. Os lugares a visitar están aínda por determinar. Estade atentos á nosa web para máis información.

Limpeza simultánea de ríos: en 2008 iniciamos unha nova actividade de conservación dos cursos fluviais relacionada coa retirada de lixo e editamos un protocolo para a realización dunha limpeza ecolóxica nos ríos sen prexudicar aos seres vivos que habitan neles, actividade que tivo continuidade en 2009. Este ano seguiremos convocando aos grupos participantes no Proxecto a realizar esta limpeza ecolóxica co apoio dos concellos. Desenvolverase o 3 de outubro.

Campos de voluntariado Ambiental Proxecto Tea: a raíz dos campos de voluntariado no Río Tea realizados en 2007, 2008 e 2009 ao abeiro das axudas do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, este ano pretendemos continuar traballando na conservación e mellora dos ecosistemas fluviais e proporcionando á sociedade as ferramentas necesarias para aportar solucións aos problemas ambientais dos ríos, organizando outro campo de traballo que terá lugar ao longo de todo este ano 2010.

As datas do IV Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea serán:
1º turno: 5, 6 e 7 de febreiro.
2º turno: 23, 24 e 25 de abril.
3º turno: 11, 12 e 13 de xuño.
4º turno: 15, 16 e 17 de outubro.


 

< Anterior   Seguinte >
go to top