Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






Crónica do IV Campo Voluntariado ambiental Proxecto Tea Imprimir E-mail
grupo.jpgIniciamos en 2010 o IV Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea coa primeira quenda de traballos no campo a fin de semana do 5, 6 e 7 de febreiro. Nestas xornadas de traballo o voluntariado se achegou ata o concello de Mondariz para realizar tarefas de recuperación e revexetación en dúas zonas da ribeira do Tea nas que se fixeron, en campos anteriores, traballos de eliminación de flora exótica invasora. Deseñamos esta actividade á raíz das achegas realizadas polo voluntariado e a equipa de Educación Ambiental de ADEGA durante as valoracións dos campos de voluntariado de 2009. Durante estas xornadas, os participantes propuxeron actuar en dúas zonas onde se eliminou o 90% da flora exótica invasora (Acacia dealbata e Phyllostachys sp.) para favorecer a súa recuperación e revexetación con flora autóctona, así como para minimizar o rebrollamento destas plantas.

A estrutura do campo de voluntariado foi igual que en quendas anteriores: durante a fin de semana nos aloxamos no Albergue Alentea. O venres pola tarde fixemos a presentación das actividades a desenvolver durante a fin de semana. Para recuperar as zonas nas que se eliminaron as especies invasoras deseñamos un estaquillado de salgueiros e outras especies de árbores de ribeira para a estabilización das marxes do río. Para tal motivo elaboramos unha ficha de estaquillado que lle entregamos a todos/as ao/as participantes, así como unha ficha de resultados para ir anotando os datos dos traballos de campo. Tamén presentamos o venres as conclusións e valoracións do voluntariados nos campos desenvolvidos en 2009.

Xa o sábado pola mañá, logo do almorzo, nos desprazamos até o río. Logo de inspeccionar as zonas de traballo, explicamos in situ qué criterio seguir para identificar e seleccionar as árbores das que sacamos as estaquiñas que logo empregamos. Tamén explicouse que tamaño debía ter a estaca, cómo cortala e limpala de ramas laterais, etc…. Asemade expuxemos o protocolo necesario de desinfección da ferramenta empregada para minimizar o risco de contaxio de enfermidades entre diferentes individuos.

Unha vez rematadas estas explicacións, puxémonos mans á obra: en grupos de estaquillado.jpgdous / tres, recollemos o material vexetal que logo empregamos para o estaquillado. Seleccionamos tres especies: Salix atrocinerea, Corylus avellana e Frangula alnus, recollendo estacas de diferentes individuos para asegurar a variabilidade xenética. Logo, comezamos coa plantación das estaquiñas. Na zona onde se eliminou o bambú (Phyllostachys sp.) actuamos na beira dun pequeno regato que estaba invadido de bambú, e que logo da súa retirada, quedou o solo espido.

Logo do xantar, fomos río arriba ata a zona onde se eliminou a mimosa (Acacia dealbata). Neste lugar xa se aprecia unha certa recuperación natural da vexetación: despois da eliminación das mimosas, están empezando a medrar herbáceas e arbustos típicos das zonas de ribeira como codesos, xestas e espiños. Esta zona foi na que máis estacas instalamos, xa que tamén é a de maior superficie. Como se trata dunha actividade experimental dividimos a zona en tres parcelas, onde fixemos tres plantacións diferentes en canto ao número e distribución das estaquiñas. Na parcela 1, plantamos catro estacas de salgueiro separadas entre si; na parcela 2, plantamos once estacas agrupadas en dúas masas facendo bosquete. Por unha banda, e mais preto do río colocamos os salgueiros; por outra, na zona superior situamos as abeleiras; na parcela 3, situamos un maior número de estacas ao chou, tanto de salgueiro, abeleira como de sanguiño. Con estas actuacións esperamos establecer que acción foi a máis acaída e cales son as especies, das tres seleccionadas, máis axeitadas para conseguir os obxectivos propostos.
En total colocamos 59 estaquiñas.

Unha vez rematados os traballos nos campo voltamos ao albergue onde realizamos a posta en común da actividade realizada.

xeotestil.jpgA xornada do domingo adicámola a facer un roteiro polo río Tea onde puidemos ver as actuacións que están a desenvolver, tanto a Delegación Provincial de Medio Ambiente como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, relacionadas coa eliminación de flora exótica invasora nas marxes do Tea. Estanse a desenvolver actuacións experimentais de eliminación do bambú, mediante a súa corta a matarrasa e a instalación de diferentes materiais (xeotextil, plásticos, mantas de fibra, etc) que cubran toda a zona cortada para evitar que medren de novo as matas de bambú.

 

Rematamos o roteiro en Mondariz Balneario, lugar no que xantamos, e despedímonos dos voluntarios/as participantes.

< Anterior   Seguinte >
go to top