Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






Crónica da segunda quenda do campo de voluntariado ambiental do Tea Imprimir E-mail
foto_de_grupo_cr_15.jpgA fin de semana do 23, 24 e 25 de abril de 2010 o Proxecto Ríos desenvolveu o segundo turno do campo de voluntariado ambiental do río Tea, que xa vai pola súa cuarta edición. Como en convocatorias anteriores, este campo de voluntariado estivo adicado á eliminación de flora exótica invasora das marxes do río Tea ao seu paso polo concello de Mondariz, concretamente entre os Pasos de Tatín e a Ponte Cernadelas. Todos os participantes contaron coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento e a manutención.

 

Comezamos o campo de voluntariado o venres 23 ás 18.00h coa recepción dos participantes na praza do mercado de Mondariz. De alí dirixímonos ao albergue Alentea, que sería a nosa casa durante os tres días que durou o campo. Cando chegamos, e logo de instalarnos, a equipa educativa do Proxecto Ríos impartiu unha charla sobre os problemas que causan as especies exóticas invasoras no medio natural, as vías de entrada e as accións que se poden levar a cabo para paliar os efectos das bioinvasións. Nesta charla expuxémoslle aos participantes a estrutura do campo de traballo, os horarios, as especies sobre as que traballamos, etc. Tamén se lles entregou unha carpeta con material diverso sobre a temática tratada. Logo da charla, que rematou aproximadamente ás 20.30h tivemos tempo para nos coñecer mellor mentres agardabamos pola cea, que degustamos ás 21.30h. Logo da cea, na sobremesa, deu tempo para a conversa animada e a música.

estamos_eliminanado_mismosascr_15.jpgA xornada do sábado estivemos todo o día no río desenvolvendo os traballos de eliminación. Logo do almorzo, organizámonos en tres grupos, collemos a ferramenta e fomos cara o autobús que nos levaría ao río. Cando chegamos aos Pasos de Tatín, e logo de pasar por eles, inspeccionamos a zona onde no primeiro turno se fixeron actividades de recuperación da ribeira do río cun estaquillado de árbores de ribeira. Puidemos comprobar con satisfacción que en máis do 90% das arbores plantadas estaban agromando folliñas que indicaban que prenderan no substrato sen problema. Cada un dos grupos formados dirixiuse cara a súa zona de traballo correspondente. O grupo das acacias quedou preto dos Pasos de Tatín eliminando as acacias que rebrotaban de raíz. O grupo do bambú foi ate a metade do treito aproximadamente, onde actuaron sobre os rizomas e pequenas plantas que saían. O grupo itinerante comezou o seu traballo de eliminación de herbáceas cerca dos Pasos, e logo avanzou ata a Ponte Cernadelas eliminando plantas de tintureira, acacia e falsa acacia.

Ao mediodía xuntámonos para xantar á beira do río. Tivemos tamén oportunidade estamos_eliminando_bamb_cr_15.jpgde comentar o desenvolvemento do traballo así como de descansar un pouco.
Aproximadamente ás 16.30h voltamos ao traballo. Nesta quenda editamos uns carteis para sinalizar a zona de traballo e para que a xente que percorría o sendeiro puidera saber os traballos que alí están a desenvolver os voluntarios/as do Proxecto Ríos. A cada persoa que pasaba lle entregabamos o tríptico editado do Proxecto Tea.Os grupos volveron ás súas zonas de traballo. O itinerante quedou ao carón do lugar do xantar onde eliminou unha pequena mancha de tritonia que alí se atopaba, e logo se dividiu apoiando aos grupos de acacia e bambú. Arrincando plantas e quitando raíces botóusenos a tarde enriba. Ás 19.00h transportamos todos os restos vexetais retirados e procedemos ao seu pesado e ao pechado dos sacos onde os fomos metendo. Deixamos os sacos ao carón dos Pasos de Tatín e voltamos cruzar o río para coller o autobús e regresar ao albergue.

Unha vez de volta no albergue e logo das merecidas duchas, dispuxémonos a dar boa conta da espléndida cea que nos prepararon Josu, Mari e Tulo no albergue. Unha vez máis as conversas fóronse animando e volveu sonar a música.
Na xornada do domingo estivo adicada a poñer en común os resultados dos traballos feitos o día anterior. Cada un dos grupos pasou a limpo as súas anotacións de campo para logo facer unha pequena exposición diante dos outros grupos.

peza_do_lagar_de_cera_20.jpgA xornada do domingo estivo adicada a poñer en común os resultados dos traballos feitos o día anterior. Cada un dos grupos pasou a limpo as súas anotacións de campo para logo facer unha pequena exposición diante dos outros grupos.Para este día tiñamos pensado visitar o mercado dominical de Mondariz, onde mercamos comida que degustamos á beira do río Xabriña, no concello de Covelo. Antes de xantar acompañounos Manuel Sendín, presidente da mancomunidade de montes de dito concello, que nos amosou os tesouros etnográficos presentes neste río, como o Lagar e Eiras da cera e os muíños restaurados. Na área recreativa de Paraños foi onde comemos. Logo do xantar, Manuel volveu para guiarnos por unha das rutas que hai no Xabriña. Polo sendeiro fomos camiñando entre muíños, fervenzas e prados con cabalos. Ás 18.30 regresamos á área recreativa onde remollamos os pes na levada do muíño e puxemos punto e final ao campo de voluntariado.

< Anterior   Seguinte >
go to top