| Durante o mes de xuño realizáronse saídas formativas para a validación dos novos materiais |
|
|
Fai xa aproximadamente un mes que editamos os novos materiais de inspección do Proxecto Ríos para, por unha banda, achegarnos máis aos requirimentos que demanda a Directiva Marco da Auga, e por outra, para afondar no recoñecemento dos macroinvertebrados, peza chave para determinar o estado de saúde do treito de río inspeccionado.
Como novidade e mellora, decidimos cambiar de reactivos, empregando agora pastillas, o que nos permitirá unha maior precisión na cuantificación dos parámetros físico químicos da auga. Disolvemos as pastillas nun volume coñecido de auga, en tubos de ensaio, que logo comparamos na escala colorimétrica que se editou para tal motivo. Determinamos tamén o osíxeno disolto na auga, factor limitante no desenvolvemento da vida na auga. Para afondar no recoñecemento dos macroinvertebrados, editamos unha nova ficha visual cuns debuxos de maior calidade. Tentaremos chegar ata o nivel de familia na súa identificación. Esta nova ficha tamén serve de indicador do estado de saúde, xa que cada animal vai acompañado dun valor numérico e de cores que o sitúa dentro da escala que representa o estado de saúde do río. Porén, tamén adaptamos a ficha do indicador do estado do río ao novo nivel de identificación e empregando os novos debuxos. Así pois, realizamos saídas con: |
| Seguinte > |
|---|