https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Crónica do campo de voluntariado no río Tea Imprimir E-mail
tea1.jpgDurante a pasada fin de semana de maio, do venres 25 ao domingo 27, proseguiron as actividades deste proxecto que ADEGA leva a cabo a través do Programa de Voluntariado en Rios, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –MAGRAMA-, en colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e que comezaron no ano 2006.

Coma doutras veces o voluntariado contou coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento, manutención e actividades complementarias como un descenso en piragua polo mesmo río onde realizamos as tarefas de eliminación.

Foi este o último campo dunha serie que comezou no 2008, e polo que teñen pasado centos de voluntarios e voluntarias axudando a conservar e mellorar o estado ecolóxico deste curso fluvial, Rede Natura 2000, que ao igual que outras moitas zonas do país e do mundo sufren a invasión de especies exóticas que contribúen á perda da súa biodiversidade. 

O campo comezou o venres 25, combinamos na vila de Mondariz coa maioría do voluntariado e dende alí desprazámonos ata o albergue Aletea2.jpgntea.  Logo de instalarnos houbo dúas presentacións por parte do equipo de Proxecto Ríos, nas que se lle explicou ao voluntariado a traxectoria do Proxecto Tea, o Programa de Voluntariado en ríos do MAGRAMA, e os traballos desenvolvidos dende o 2008 así como os resultados obtidos. Explicóuselles tamén o programa da fin de semana e a metodoloxía de traballo, as normas de seguridade, os seus dereitos e deberes, etc. Tamén se lles entregou unha carpeta con documentación sobre especies invasoras.

Por mor das prediccións meteorolóxicas do día seguinte, adiouse unha pequena introducción ás especies invasoras, que deixamos para o sábado de mañá.

Aproveitamos o resto da noite para coñecernos e cear no albergue. Como doutras veces a sobremesa estivo acompañada pola guitarra e a voz de Paco, e desfrutamos da marabillosa cociña de María e Josu.

tea3.jpgO sábado tralo almorzo reunímonos para falar un pouco máis sobre as especies invasoras e déronse explicacións de como identificar as plantas sobre as que iamos traballar. Houbo un espazo para escoitar e comentar as experiencias e expectativas de cada voluntario.

Aínda que ameazaba a choiva collemos a ferramenta e desprazámonos ata o río. A primeira parada foi nas charcas artificiais que se atopan no aparcamento onde deixamos os coches. Alí xa se tiña traballado en ocasións anteriores. A primeira charca da que xa retiraramos xacinto de auga (Eichhornia crassipes),  Azolla filiculoides e cola de raposa (Myriophyllum aquaticum), atopábase en mellor estado. Só había algúns exemplares de cola de raposa e A. filiculoides, e algún pés doutra especie invasora nova no lugar (o papiro, Cyperus eragrostis). Parece logo que as actuacións anteriores, deron os seus froitos, xa que a última vez  a charca estaba case tapizada por cola de raposa.

Deixamos as labores de eliminación para despois e fixemos unha mostraxe dos anfibios da charca. Atopamos varios indiviudos de ra verde (Pelophylax perezi), e unha femia de pintafontes común (Lissotriton boscai). Tamén puidemos observar numerosas larvas de odonatos, tanto de libélulas como de cabaliños do diaño. Na segunda charca, anteriomente colonizada por xacinto de auga, non atopamos desta vez ningún individuo de flora invasora, afortunadamente atópase en bo estado colonizada por flora autóctona. Alí tamén identificamos dúas femias de pintafontes común, e numerosas larvas do pintafontes verde (Triturus marmoratus).

A choiva fixo acto de presenza polo que tivemos que resguardarnos un tempo nostea5.jpg coches, despois baixamos ao río para ver os lugares onde se traballou nos campos anteriores na eliminación de mimosa (Acacia dealbata) na principal mancha, e onde hoxe en día case non se atopan indiviudos da especie invasora, e onde si se identificaron numerosas especies herbáceas autóctonas. Fixemos tamén un percorrido pola beira do río para observar os lugares onde se eliminara Tritonia x crocosmiiflora. Aínda atopamos algunhas plantas que máis tarde retirou o grupo itinerante, e aproveitamos o roteiro para identificar numerosas e variadas especies de flora ribeiriña.

Como a choiva non daba tregua voltamos ao albergue a comer uns bocatas e voltamos ao río a primeira hora da tarde cando xa estaba o ceo despexado. Repartímonos nun grupo grande que traballou sobre unha mancha de mimosa, da que se dera boa conta nos dous campos anteriores. Por esta razón o traballo desta vez foi a actuación sobre as raíces, para evitar ao máximo os rebrotes. O grupo de 15 voluntarios/as traballaron duramente levantando raíces, sachando, serrando, arrincando e recollendo os restos das mimosas. A maioría dos restos retirados non tiñan perigo de rebrote, polo que deixamos amoreada moita materia vexetal á beira do camiño, porén tamén levamos uns sacos para que o equipo de limpeza os recollan e traten axeitadamente. tea55.jpg

Pola súa parte o grupo itinerante, de aproximadamente 5 persoas, retirou as especies invasoras antes nomeadas da charca, varios pés de T. x crocosmiiflora na beira do río, e tamén de falsa acacia (Robinia pseudoacacia). Esta especie, atopábase no lugar onde se eliminou unha grande mancha de bambú (Phyllostachys sp.). Non se atopou ningún pé desta especie asiática, pero si de falsa acacia

A xornada de traballo rematou ás 8 da tarde, e despois de sacar a foto de grupo xunto ao material retirado marchamos cara o albergue onde nos agardaba unha cea ben merecida. A noite seguiu con charla, risas, e un bo concerto de voces por parte de todos os voluntarios e voluntarias.

Á mañá seguinte tras almorzar reunímonos no albergue para facer unha posta en común dos traballos realizados o día anterior .Coma sempre neste espazo demos pé a escoitar  as propostas de mellora do grupo de voluntariado.

Debido a constante choiva, de novo, tivemos que comer no albergue e non tea7.jpgpuidemos facer a visita habitual á reitoral de Barcia de Mera. Porén, ao rematar, a choiva deixou de importar moito, xa que nos íamos mollar de tódolos xeitos. O plan era baixar en piragua, así que nos desprazamos ata alí onde o equipo do clube de piragüismo do Tea, deunos cascos, chalecos e comentaron as normas de seguridade antes de subirnos nas piraguas. Foi unha moi boa experiencia para todos e todas, houbo risas, carreiras, e nos rápidos, houbo quen acabou naufragando, pero con moito ánimo voltaron a subirse ás piraguas. Puidemos disfrutar deste río marabilloso doutro xeito, observan do a flora e fauna e desprazándonos coa corrente. O merlo rieiro (Cinclus cinclus), a lavandeira real (Motacilla cinerea) e algún parrulo (Anas platyrhynchos) foron acompañándonos durante o percorrido.

A fin da ruta (que a todos se lles fixo corta), foi na vila de Mondariz Balneario. Despois dunha ducha quente e de merendar, despedímonos ate a vindeira actividade.

Podedes ver as fotos do campo no seguinte album de picasa

tea8.jpg 

 

 

 

 

 

< Anterior   Seguinte >
go to top