https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Crónicas do I Encontro Itinerante Interríos-Galiza 2006 Imprimir E-mail

kayak.jpg

Durante os días 14 e 23 de Xullo, un grupo de xente participamos no I  Encontro Itinerante Interríos(subvencinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e que contou coa colaboración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible). Con esta crónica pretendemos achegar  o encontro a toda aquela xente que non puido participar, pero que de seguro disfrutará coa lectura das crónicas diarias realizadas polos participantes.

 

 

SÁBADO 15 DE XULLO DO 2006.
            Na primeira xeira do Encontro Interríos, @s participantes visitamos un dos sobreiral.jpgpoucos sobreirais galegos dos que aínda se extrae cortiza, polo que constitúe un recurso económico para a poboación local. Trátase do Sobreiral do Arnego, sito na aldea de Carmoega, na parroquia de Brántega (A Golada). Tivemos o privilexio de contar coa presenza de Manuel, un veciño do lugar que nos explicou as técnicas de corta da cortiza que vén practicando dende neno.
 
            sobreiral2.jpgNo roteiro polo Sobreiral tamén contamos coa compaña do biólogo Martiño Nercellas da Federación Ecoloxista Galega e dun membro da Asociación en Defensa do Sobreiral, Marcial Barral. Puidemos contemplar diversos valores do noso patrimonio, non só natural, senón tamén etnográfico: muíños, tostas, pesqueiras, un cortizo e un corgo de auga (enxeño tradicional de pedra para facilitar o regadío).
            A pesar de estar recoñecido como Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Espazo de Rede Natura 2000, a mala xestión do Sobreiral do Arnego no pasado trouxo aparellados dous grandes problemas: a introdución de especies alleas e a eliminación progresiva das sobreiras, ben por incendios, por prácticas insostibles na extracción da cortiza que danaban as árbores e por transmisión de enfermidades (fungos) a través das ferramentas utilizadas para a corta.
            Despois da camiñada, achegámonos á área recreativa do río Arnego en sobreiral3.jpgAgolada.  Alí tivemos a primeira ocasión de mergullarnos nun dos nosos ríos e de xantar e descansar á súa beira.

           

 

Xa pola tarde, fomos visitar un dos cadoiros máis impresionantes de Galiza, o dotoxa2_2.jpg Toxa. A visita foi amenizada por tronos, lóstregos e un grande trebón (moi benvido para a nosa terra), que con todo non interrompeu a nosa marcha. Puidemos  contemplar a fervenza dende varias perspectivas antes de regresar á Granxa Escola que leva o mesmo nome ca ela e que é o noso refuxio durante os primeiros tres días do Encontro Interríos. 

Crónica realizada por: Montse, Ana e Belén


 DOMINGO 16 DE JULHO 2006.
rafting1.jpgPois neste dia da graça de dezasseis de julho de dois mil e seis, o grupo do I Encontro Itinerante Interrios começou o dia no rio Ulla para um rafting de verao. Com os guias da Turnauga, Pablo, Jorge e Gonçalo fomos percorreram-se, entre margens com exuberante vegetaçao ripicola, cerca de 7km, desde Pontevea ate Herbón. Após intensa actividade, acabámos a odisseia saltando de uma ponte, com cerca de 15m de altura. Begoña foi a sofrida heroína do dia, apesar das marcas vermelhas que a água lhe deixou na rafting.jpgpele. Paco foi o segundo herói do dia, saltando de 15cm de altura, sem sofrer nenhum tipo de lesao!
Para o lauto almoço, deslocámo-nos ao Mosteiro de Herbón. Debaixo de frondosos carvalhos, inspirados pelos airosos ares, sorvemos água cálida e deliciosas sandes de frango e omelete. Pouco depois um grupo deslocou-se ao Mosteiro, acabado por repousar os fatigados musculos sob a égide da Divina Pastora – alguém, dizem as crónicas, dormiu até sob as mansas ovelhas.
limpeza2.jpgApós tal sagrada localizaçao, seguimos para Lalin, acompanhados do técnico de Meio Ambiente de Concelho de Lalin, José Manuel Méndez e dois agentes da Protecçao Civil. Junto a ponte dobre o rio Arneiros, afluente do Deza, o grupo recolheu 25 sacos de resíduos diversos, dos quais se destacam pneus, um motor de máquina de lavar, seringas, uma bicicleta, um video VHS, craneos de animais e muitas outras coisas. Depois delimpeza1.jpg muito suor e esforço, fomo-nos refrescar a Area Recreativa de Vilatuxe, onde se tomou uma banhoca muito gostosa! O dia nao podia terminar de melhor forma, com um refrescante banho na piscina da Granxa Ecologica, até as 23h00, onde com muito esforço e bravura, foi domado o último dinossauro Galego, pelo pequeno mas bravo António. Após o que  a noite se prolongou, com jogos de animaçao infantil, como corridas de carros de mao, corridas de baloes e o “Bebado”. Em suma, um dia passado de molho!

noite.jpg
            Crónica realizada por  Antonio, María e Paula

 

 

 


LUNS, 17 DE XULLO DE 2006
VISITA Á RESERVA DA BIOSFERA “TERRAS DO MIÑO” (Lugo)


O día comezou cun copioso almorzo no albergue da Fervenza do Toxa. E máisalmorzo.jpg copioso había ser ainda o que nos agardaba no Centro de Interpretación das “Terras do Miño”. Alí Laura Vazquez, técnica da Deputación de Lugo,  tíñanos preparado un estupendo recibimento con charla, audiovisuais e material divulgativo para introducirnos no tema da Reserva da Biosfera. Impresionanchi o despregue de medios...!
As Reservas da Biosfera parten do programa das Nacions Unidas “Home e Biosfera” e consisten nun recoñecemento para os territorios xestionados de maneira sustentable, é dicir, compatibilizando a conservación do medio ambiente coas actividades humanas. A Reserva da Biosfera “Terras do Miño” abrangue 26 municipios dende Lugo á Serra do Xistral, unha extensión que dificulta a súa barro2.jpgxestión. Laura preparounos un intenso programa para visita-los puntos máis importantes desta reserva.
A primeira visita foi ó obradoiro de Cerámica de Bonxe onde traballa Pepa, filla e neta de artesáns que mantén viva a tradición do barro en Bonxe. Pepa explicounos todo o proceso de elaboración das pezas, nas que se reflicte a importancia do Río Miño a través dos trazos en forma de ondas.
A continuación visitamos a Lagoa de Cospeito, humedal protexido polo convenio Ramsar que nace do río Guisende, afluínte do Támoga. A Lagoa de Cospeito foi desecada nos anos 70 dsc03231.jpgpara aumenta-la superficie de labradío. Actualmente está en proceso de recuperación, ainda que con dificultades na súa xestión. A regulación hídrica artificial e o cambio dos usos do solo no entorno da lagoa son as principais problemáticas que mencionou o guía do centro de interpretación.

cospeito2.jpgFacía unha calor abafante, así que Laura nos levou á Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei para comer e poder refrescarnos na área fluvial. Adela Figueroa, presidenta de ADEGA, recordounos a figura de Manuel María, esencial no mantemento deste espacio. Nel recibimos ós irmáns Forti, Azul e Juan, elementos imprescindibles destes Encontros...

Laura non nos deixou nin un intre para a siesta e direitiños, direitiños laura.jpgemprendimos rumbo ás Insuas do Miño. Estas Insuas forman parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, incluido na Reserva, e onde se están a rematar as actuacións dun programa LIFE-Natureza da Unión Europea para conservación e mellora dos espacios da Rede Natura 2000: eliminación de eucaliptal e outra vexetación alóctona (Chopos, Azola, ...), adquisición de insuas.jpgterreos pola Deputación para o seu uso controlado e científico, instalación de filtros verdes para depuración de augas residuais, recuperación etnográfica, acondicionamento de rutas de sendeirismo... e outras moitas. Nós tivemos oportunidade de coñecer de xeito “relámpajo” a Insua máis grande, de onde parte unha ruta de sendeirismo que habemos completar algún día...
Tamén moi rapidamente fixemos unha paradiña na Aula da Natureza do veral.jpgVeral, no Concello de Lugo á beira do Río Mera. Esta instalación mantén tres liñas de actuación: o traballo con turistas, as actividades con escolares e a dinamización da veciñanza nese entorno. Os principais temas que se tratan son as enerxías alternativas, o mantemento da biodiversidade e transmisión dos usos tradicionais da zona. Na Ruta das Chousas coñecimos un exemplo de uso sustentable da terra: a Chousa. Nela combínase o mantemento do arborado co pastoreo aproveitando tamén outros recursos complementarios coma a follaxe dos carballos, empregada para facer esterco. Tan rápida foi a visita, que algún de nós case fica en terra cando marchaba o autobús. Primeiro intento de reducir o persoal do Interríos... xa habería máis ocasións.
fervenza2.jpgXa un tanto estresados encamiñamosnos á nosa última parada nas Terras do Miño: a Casa Grande da Fervenza no Concello de Corgo. Alí fixemos unha descuberta espectacular cando nos presentaron a José, un divertido veciño do lugar que nos

Explicou con maestría e moita guasa fervenza1.jpgdiversas instalacións e oficios tradicionais: os muiños, as serras de aire, o telar, a afiadora e por suposto, o “venturín” , parte esencial do funcionamento da ferreiría. Pagou moito a pena coñecelo.
Cansados pero alucinados coas habilidades e coñecementos deste personaxe fomos a “casiña” e a nosa casiña era, nesta ocasión, o Albergue Xuvenil da Devesa en Ribadeo, onde habíamos pasar os vindeiros tres días. A nosa entrada triunfal no albergue foi con máis de dúas horas de retraso, que bastaron para iniciar a nosa etapa de impuntualidade máxima. Dende aquí aproveitamos para pedir disculpas... :-)

Crónica de: Iria Castro, Almudena López, María García


 

MARTES, 18 DE XULLO DO 2006


           almorzo_1.jpg As actividades do dia comenzan ás dez, cando deixamos A Devesa en dirección Ribadeo. Alí recollemos ó que será o noso guía nestes dous días: Chemi Lombardero, mestre e xeógrafo.
            A primeira parada é na estación de autobuses de Ribadeo, onde a Sabela ten que recoller un paquete e outros mercar tabaco. Acábase decretando un tempo para un “café rápido” que algúns aproveitan para ir facer recados e desaparecer no Gadis máis próximo. Finalmente, a viaxe iníciase sobre as once.
            Cruzamos a ponte dos Santos e dirixímonos cara Taramundi. Segundo nos alonxamos da costa a paisaxe muda: A poucos quilómetros de Taramundi, nun lugar chamado Mazonovo, baixamos do autobús e marchamos por carretera e pistas de terra á beira dun rio. (Bosque de ribeira).
            Andaríamos dous quilómetros cando atopamos un cartel indicativotaramundi.jpg dunha fervenza, cunha anotación a lápis: “ A 2,5 km. No hay agua.” Pero, a maioría de nós púidonos a curiosidade. Uns seis, desmoralizados pola calor que ía e a indicación anónima, seguimos cara adiante sen desviarnos, coa esperanza certa de encontrar pronto o lugar de Esquíos, onde sentarnos e refrescarnos cunha “sidrina”.
            O camiño cara a fervenza era bonito, pero a medida que se ía subindo á beira do río, puídose comprobar que levaba pouca auga e finalmente, a “fervenza” era máis unha parede pola que escorría auga. Juan demostrou de novo as súas habilidades como “escalador” subindo pola fervenza arriba.
            Reunímos todos nos Esquíos. Alí hai un “museu” que consiste nunhateixoes1.jpg habitación grande cunha serie de obxetos antigos alí acugulados sen demasiada orde, dende un pote inmenso ata catro máquinas de escribir antigas.Tiña máis interés a sidra, e cando a rematamos, levantamos o campamento.
            Ás  dúas menos cuarto chegamos ó Conxunto Etnográfico dos Teixois, pedimos permiso para sentarnos nun “prau” á beira dun regato e xantamos.
            Cafetín de rigor e ás tres e media demos inicio a unha visita guiada bastante accidentada. Na entrada, Chemi comentounos que as forxas se asentaban en lugares con ferro e correntes de auga abundantes. Como o ferro da zona era malo, pronto se comenzou a traer de Biscaia, volvendo alí en forma de cravos e outras manufacturas.
            O “noso amigo” Fermín, o guía da visita, como tarxeta de teixoes2.jpgpresentacíon, tivo que aturar que un fenómeno abrira a comporta da auga para a roda de afiar e despois non fora capaz de cerrala. Explicounos os diferentes aproveitamentos da auga: o muíño, a roda de afiar, a central eléctrica, o batán e o dispositivo Venturi e o mazo na forxa.
            O muiño era diferente do da véspera porque a fariña saía entre as dúas pedras e esparexíase todo arredor, e vez de caer nunha artesa. Chemi tivo a marabillosa idea de pecharnos dentro: tivemos sorte que foi capaz de reabrila, porque, segundo o Fermín, a chave estaba algo recia e a veces el non era capaz de facela xirar. O terceiro impacto, ó sair do muiño: António espatarrado á beira do depósito de auga, fotografando un lagarto. A continuación baixamos rodeando o depósito e vimos funcionar a pedra de afiar, como a véspera, a central eléctrica (que daba electricidade para alumear dúas bombillas alí colocadas)  e o batán. O batán é un gran mazo colocado nunha estructura que recorda a unha catapulta. Hai un oco entre os dous pés no que se mete a roupa para abatanar, que serve para compactar e suavizar a roupa.
Na forxa explicounos como se empregaba a auga para arrastrar o aire e avivar a forxa automáticamente en lugar de usar o fuelle. Tamén alí había un mazo para mazar o ferro movido coa forza da auga. A visita foi interesante, e a voz característica do Fermín deu que falar.  Parecía todo un profesional da doblaxe de documentais!
            A continuación, voltamos ó camiño, que era circular e a eso das taramundi2.jpgcinco e cuarto collimos o autobús en Mazonovo e saímos a fume de carozo cara  Taramundi, onde nos esperaba a tenente de alcalde, Susana Martínez.
 O resurximento de Taramundi e a comarca comenzou hai vinte anos, motivado pola apertura do Hotel Rectoral, o primeiro hotel rural de España. Á implicación municipal sumouse a poboación que abriu comercios e outros negocios arredor do turismo. A oferta enfócase a turismo non masificado de nivel medio- alto, polo que se limita o número de prazas hoteleiras, (actualmente, 280). Os retos para o futuro son: desestacionalizar o turismo, reformar o plan municipal de urbanismo para facelo máis restrictivo, limitando as alturas, restrinxindo a plantación de eucaliptos e a instalación de parques eólicos. Teñen tamén proxectos de mellora do conxunto de Teixois, adecuar a casa da cultura para unha exposición permanente de coitelos e productos da forxa, complementar a oferta cun castro que está sendo excavado...
Como cara e cruz da xestión ambiental, queremos resaltar que, a pesar de que o territorio non ten protección de ningún tipo, hai varios anos que non hai incendios no concello.
            Nun aleiro da casa da cultura na que escoitábamos á Susana, había un niño de “avión roquero”, no que dous pitiños esperaban ós seus pais. Á saída, decidimos que, aínda que é tarde (son as seis), merece a pena visitar os Oscos, coa idea de non chegar a cear ó albergue.
            cas_sargadelos.jpgNa casa natal de Ibáñez, en Ferreirela de Baxo, recíbenos José Luis Díaz, descendente dos caseiros do Marqués de Sargadelos e habitante, coa súa nai da aldea. Como o tempo non era moito, limitouse a darnos unhas nocións da vida deste ilustre persoeiro, do lugar no que nos encontrábamos e do proxecto de museu etnográfico que alí hai. Se lle deixamos estaríanos falando todo o día, pero non puido ser. Dentro da casa, o que se pretendía era reflexar o modo de vida do século dezaoito, aproveitando que os caseiros apenas modificaran a sargadelos.jpgestructura e recollendo obxectos da época polos arredores. Foi unha exposicíon clara e amena, ilustrada coa mesma casa.
            Ás dez menos vinte, chegamos Á Devesa para cear, co conseguinte mosqueo da xerente, que ameazou con non servir mañá se non estábamos alí ás nove. Isto aproveitámolo para decidir que non cearíamos no albergue, dada a calidade exquisita do trato e dos manxares alí ofrecidos.
            Como o día seguinte a mañá era libre, aproveitamos para dar unha volta por Ribadeo, pero non é necesario entrar en moitos detalles...

Crónica de: Sabela, Pepe e Xabier

 


MÉRCORES, 19 DE XULLO DO 2006
AS CATEDRAIS
devesa1.jpgHoxe é mércores, 19 de xullo do 2.006, e seguindo, coma ata o de agora, o programa do I Encontro Itinerante Interríos, tivemos a mañá libre. Libre, para durmir ou para visitar as praias e calas das catedrais, próximas o campamento “A Devesa”.
A pesar de estar o día cuberto e ameazar a choiva, a maioría de nós levantámonos ó redor das 09:00 hs., e despois dun agradecido almorzo e ducha, fomos ás praias das “Catedrais”. Fomos a pé, e percorremos un bo tramo do paseo costeiro das Catedrais.
Paramos á altura dunha invasora[1] cafetería, chamada “Las Catedrales”. Extranounos a súa ubicación á veira dos acantilados e preguntamos a xente do lugar, e dixéronnos que “era un de tantos casos donde a xente “de pasta” monta o chiringuito onde lle peta”.
Baixamos á cala próxima á cafetería. Aquelo é fermosísimo. Parecía o catedraisretocada.jpgmesmo paraiso. A marea estaba baixando. No horizonte o mar era de cor azul e a veira das catedrais, transparente, e a area branca.
Antonio, Iria, Paco e Víctor, meteronse na auga e dixeronnos que non estaba fría (boa), pero non era fácil nadar alí, porque había moitas rochas e as ondas revotaban en tódolos lados e, se te confiabas, era fácil levar un golpe contra as rochas.
Non o debimos facer pero antes de marchar tomamos uns refrescos na cafetería “Las Catedrales”. Víctor, como non se levantou a tempo de almorzar no campamento, pideu[2] un colacao e un croissant e mercou unha postal.
Ás 12:30 hs. subimos ó autobús e fumos á vila de Ribadeo, a pasear e facer unhas compras antes de xantar.

XANTAR EN RIBADEO
Na Ribadense Praza de España, unha rúa parte cara o mar, a rúa[3] de Amando Pérez Martínez[4]. Paramos a xantar no Mesón O´trasmallo. O menú  estaba composto de ensalada, croquetas de xamón, polbo con allada, tortilla (vexetarianos), e lacón con cachelos.

ENCONTROS
Antes do xantar recibimos a visita de “Chavi”, Francisco Javier Sánchez López, labrego, socio de Adega e participante, entre outros, no Proxecto Ríos.
            Ás 16:00 hs. rematou o xantar e recibimos a “Chemi”, José María Lombardero[5] Rico, o noso guía por Ribadeo. Chemi é mestre de pedagoxía terapeutica, secretario da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. Escribiu varios libros de distintas temáticas, como da guerra e a política en Luarca, “Caciquismo, política, guerra e represión en Valdés”, sobre o porto de Ribadeo, “ Porto comercial de Ribadeo no século XX”, sobre a familia de reloxeiros Lombardero, “A casa de ferreisela 1603-1945”,  e ademáis  “Sociedade Ribadense 1900-1936” e “Producción de cal en el extremo occidental asturiano”.
            Tamén nos acompañou, pola tarde, Antón Lombardero, fillo de Chemi[6], deportista e matemático.
ROTEIRO POLA DESEMBOCADURA DA RÍA
            chuvia.jpgDespois de xantar, saimos do catón de Ribadeo hacia o Porto de Porcillán. Cando deixou de chover, pasamola Ponte dos Santos[7] e chegamos á Capela de San Román. Aí Chemi contounos outra das súas batalliñas da guerra. Logo fomos andando ata As Figueiras. De As Figueiras seguimos ás ruinas do muiño de marea, que os galaico-asturianos chaman “aceas” e “acias”. Dende alí continuamos andando á aldea de El Esquilo e no río analise2.jpgBerbesa (regato do Fornelo) e fixemos o traballo do Proxecto ríos que grabamos para o programa Natureza da TVG. Pola estrada xeral chegamos a Castropol e visitamos o parque de Vicente Loriente. Baixamos logo ó peirao e tomamos uns culinos de sidra natural[8]. Ás 21:50 embarcamos e saímos do peirao de Castropol en dirección a Ribadeo, facendo un percorrido turístico pola desembocadura da ría. Calculámoslle ó roteiro uns 6 kms de distancia dende o cantón de Ribadeo. Nós saímos ás 17:30 e chegamos ás 20:30 a Castropol[9], pero é posible facelo nunha hora e vinte minutos.muiomar.jpg

A REPÚBLICA NA RÍA DE RIBADEO
            Cando a guerra, Asturias quedou no bando republicán e algunhas poboacións como Ribadeo, manteranse fieis á república, ata que se organizou un exercito de 500 soldados en Lugo, que abanza ata estas terras. A este exercito unense falanxistas dos distintos lugares polos que pasan.  A colunna galega, pasou 5 ou 6 días sen entrar en Ribadeo por minarse os arredores da Vila. Ó entrar os falanxistas en Ribadeo, non se produciron combates.
Do lado asturiano, os republicáns, montaron unha ametralladora sen culata, contestado da veira falanxista, cos “pepinazos” dos bazocas.
Para evitar os diparos do Ribadeo ocupado polos falanxistas, en Castropol os milicianos, colocaron no peirao ás persoas de recoñecida militancia ou ideoloxía de dereitas.
En Castropol, na república, entre principios do século vinte e 1936, un grupo de repúblicáns-liberais, encabezados por Vicente Loriente (americano rico), impuxeronse a dereita monárquica, creando, entre outros,  unha sociedade que promoveu unha biblioteca itinerante, proxeccións de cine, teatro, cultura, un sindicato agrario, un xornal e un partido político.
A sociedade republicana de Castropol, chegada a guerra, non se posicionoucastropol.jpg de ningún lado, polo que non houbo represión hacia eles.
A sociedade cedeu a biblioteca ó Principado de Asturias.
Contounos Chemi, que a moitos veciños destas terras, e de calquera dos dous bandos, non lles quedou máis remedio que participar nos combates, obrigados polas circunstancias. 
           

Crónica elaborada por: Vânia (da República Portuguesa), Begoña e Víctor Manuel (da futura República de España).


 

XOVES, 20 DE XULLO DO 2006.


igrexa.jpgErguémonos cedo e almorzamos puntuais (impresionanchi). Antonio conduciunos cara o sur, a Meira e ó nacemento do Miño. En Meira, no transcurso dun paseo Sonia amosounos o parque fluvial mentres Pepe ilustrábanos co seu conto diario do Morrazo. Neste caso contounos como un coche que el conducía foise esbarrando nunha zanxa a pesares da axuda dun 4x4.
Coa historia de fondo chegamos á igrexa cisterciense do século XIII, austera, románica e que Sonia aproveitou para introducirnos na historia da vila de Meira. Así partimos en busca do nacemento do Miño, que resulta pedregal.jpgque nace en moitos sitios, e tódolos concellos pelexan por demostrar onde é o verdadeiro nacemento. Anecdótico, porque está clara que nace en todos eses sitios, dos que nós visitamos dous: o Pedregal e Fontemiñá. No Pedregal presenciamos unha discusión sobre o orixe xeolóxica do funil, e máis tamén a versión mitolóxica de mouras e rapazas que comían pipas xigantes. Baixando do Pedregal diciase que nunha poza a auga agromaba, pero non o vimos ata Fonmiñá, onde ademáis de ver as burbullas mercamos fariña no muíño de auga no que o muio2.jpgdono exhibía unha curiosa colección de obxectos imposibles (ver fotos).
Así chegamos ó castro de Viladonga mortos de fame e de calor. Así que houbo bocatas e sesta. E taller de repelente de mosquitos con esencias de lavanda e xeranio (pedir receta a Paco, por dereito de autor).
Trala visita ó museo e ó castro, continuamos cara o sur, nun bus, unha Berlingo e un Fiesta despistado (sen intermitentes, ben “centrado”, que case escaralla o bus ó aparcar). Chegamos ó Ecomuseo de Arxeriz, da Fundación Soto Fión. Trátase dun antigo pazo que tamén foi fábrica de manteiga. Neste museo amósanse mapas da área, flora e fauna, e sobre todo, fotos dos pobos ribereños dos ríos Miño e Sil antes eecomuseo.jpg despois da construcción dos encoros. O obxectivo da fundación é gardar a memoria da vida e medios tradicionais da xente da Ribeira.
E tamén puntuais chegamos á cea no Albergue de Lodosedo, na Limia, todo un exemplar de casa rural. Despois da espectacular cea regada con viño do país, disfrutamos das magníficas fotos de Antonio, e máis das non tan magníficas e ben divertidas do resto.
Boas noites que mañán toca descenso en canoa polo Sil (e seica bica de Castrocaldelas mollada en licor café! Ñamñam).
Crónica de :Azul e Juan.


VENRES, 21 DE XULLO DO 2006


kayak6.jpgComeza o día en Lodoselo, almorzamos ás 9:00 horas e partimos cara os canóns do Sil un chisco antes das 10:00 h.
Na autovía collimos a saída de Allariz en direción a Xunqueira de Ambia, pasamos por Vilamea, Baños de Molgas, Maceda e polo concello de Xunqueira de Espadanedo onde tomamos a nacional direción Ponferrada que nos había levar polas Casetas do Rodicio, Vilariño Frío, Teimende, Chandrexa e á fin Rabacalllos.
Durante a viaxe en bus acompañounos a música de Khaled e Mano Negra e non faltaron os bancos da Deputación de Ourense estratexicamente situados. Vimos campos enormes de millo, trigo, centeo e patacas que a pesar das restricións de auga, se regaban con aspersores cando o sol xa quentaba.
Na baixada ao río había castiñeiros, cerquiños, aciñeiras, bidueiros...a kayak2.jpgestrada estreita e chea de curvas nos achegaba ao punto de encontro con Álvaro e Jorge de Turnauga que nos acompañarían polo río adiante.
Os últimos metros hacia o río fixémolos andando porque o bus non podía maniobrar con facilidade e Antonio quedou agardándonos.
Ás 12:30 h. metímonos nas canoas, eran todas de tres prazas agás unha de dúas e as de Jorge e Álvaro que eran dunha praza.
Comezamos a navegar polo río manexando as pás con máis ou menos xeito. A canoa de Pepe, María e Sabela tiña auga de máis e tiveron que cambiala.
kayak5.jpgEntre as paredes do canón puidemos descubrir un simio e un monxe agatuñando entre as rochas. Sobre nós voaban miñatos, milanos..e nun remanso do río atopamos un cangarexo americano de río morto.
Ramsés salvou un poliño de paporrubio da auga.
Na auga non había moito lixo, agás nun recodo onde se acumulaban plásticos e unha casiña do monopoli que recolleu Víctor..impresionanchi!.
Dende o medio do río viamos a vexetación que cambiaba dunha a outra beira, dende aciñeiras, freixos, salgueiros, castiñeiros e bidueiros até cultivos de vides no lado lugués. Nos pobos que se vían apenas quedaba xente.
Durante a mañá, pasaron tres ou catro catamaráns axitando as augas e kayak4.jpgfacendo ondas, a xente que ía dentro facía fotos e saudaba.
Ás tres saímos da auga e comimos á beira do río, o sol quentaba moito e o cansazo invitou a algúns a durmir unha sestiña mentres outros subimos a tomar un café ao bar de arriba. O café con xeo que pedimos estaba quente e o café con leite frío pero o paseíño sentounos ben.
Voltamos para abaixo e metímonos outra vez na auga, desta volta fomos río arriba para observar outras paisaxes, o regreso foi máis duro polo vento en contra. Despois bañámonos, a auga estaba moi quente e apetecía meterse nela, impresionaba pensar que nalgúns tramos baixo de nós había até 60 metros de profundidade.
kayak_1.jpgÁs 19:10 h. saímos en dúas quendas na furgoneta de Turnauga, hacia o bus. O sol fixo estragos en pernas, caras e brazos a pesar da proteción.
Antonio conseguiu tomates ecolóxicos de cor escura mentres agardaba por nós.
Víctor deixou a súa carteira na furgoneta e nós collimos unha mochila de Turnauga. Quedamos no bar Troita de Vilariño Frío (o pobo a avoa de Viqui) para facer un intercambio. Mentres tanto aproveitamos para achegármonos a Castro Caldelas e coller bica e licor café.
De volta a Vilariño Frío xa estaban agardando Jorge e Álvaro.
Outra vez de camiño hacia Lodoselo, desta vez a banda sonora era Radio Tarifa.
Chegamos ao Viso ás 21:30 h. para cear. A cea prestounos, os tomates ecolóxicos estaban boísimos e a bica ... mmmhhh.
Ás 23:00 h. fomos todos de roteiro nocturno con Alberto, o ceo estaba inzado de estrelas e a temperatura era agradábel.
Subimos hacia a zona da Pena e fomos á Pena da Moura situada nun alto. A Pena da Moura está formada por dous penedos graníticos moi grandes de formas arredondadas pola erosión. Estas penas gardan unha lenda que di que alí se agochan dúas olas, unha contén ouro e outra lume, se alguén collera a do lume ardería toda a Limia de aí que ninguén se atreva a coller as olas.
Alberto levounos despois a ver unha tumba antropomórfica escavada na pedra. Toda a zona é moi rica en xacementos arqueolóxicos e se pensa que aí esta a orixe da Civitas Limicorum cidade romana que daría lugar á Limia. Nas paredes dagunhas casas de Lodoselo se agochan tesouros de civilizacións antigas.
Cando saímos de ver a tumba a temperatura da noite baixou; no camiño Alberto falounos das minas de estano que se explotaron até o ano 1967, nun principio a xente do pobo facía estraperlo co estano pero deron aviso ao ministerio e as minas pasaron a ser explotadas polo goberno. Quixemos ver o burato que daba acceso á mina pero estaba tapado polas xestas.
Vimos tamén unha canteira de xabre, depósitos de granito moi erosionado arrastrado e acumulado
Voltamos ao albergue e a noite continuou para algúns con sesión de cante e licor café. Onde Paco e Juan nos oferceron todo un recital de “Cancións pupulares”, así como algunha improvisación.

Crónica de Viqui, Dami e Cris

SÁBADO, 22 DE XULLO DO 2006

As 9:00h Almorzamos todos xuntos no Centro de Desenvolvemento Rural “O lodoselo.jpgViso” (Lodoselo)., Tralo almorzo marcharon Almudena, María, Juan e Azul. Hoxe plantexámonos o día en Lodoselo, as  once da maña tocaba fornada, polo que nos achegamos ao forno comunitario onde Angelita nos agardaba para aprendérmonos a facer o pan de xeito tradicional.

Amasamos na artesa e fixemos bólas.Angelita limpou o forno co escobo e co sacopan1.jpg mollado.Tendímos o pan e mentres levedaba, fomos dar unha volta polo pobo con Alberto.Vimos casas con pedras romanas nos seus muros e probamos as cirolas que unha veciña nos deu.Pasamos polo muíño que xa non moe, o río do que se nutría secou este ano.Voltamos ao forno e enfornamos; mentres agardabamos polo pan probamos as bicas  unha especie de tortas delgadiñas de masa de pan.A espera deu para montar unha pan3.jpg“perfomance” alternativa do pesebre (Paco, Sabela e Víctor)e para que Sabela nos introducise na danza do ventre.Limpamos a artesa con auga morna e cepillo de raíz e desenfornamos. Despedímonos de Angelita e fomos comer.

As 13:30h comimos e logo a maioría durmiu sesta. O pan estaba moi bo.Chegaron Curra e Enrique, que nos acompañarían durante todo o día.Para coñecer o pobo e a xente de Lodoselo fixemos un  Xogo de Pistas por Lodoselo.Tomás de Melide explicounos o xogo fixo os grupos (cabalos, vacas, ovellas e galos) saímos por quendas.Tralo xogo fixemos unha posta en común e comentamos as xogadas.xogo.jpg

Fomos visitar o casa dos velliños e coñecimos todos a Luís o do cruceiro, un vello con moi malhumor pero bo corazón.

Cenamos  as 9 e media crema de cenouras, arroz, bica e queixo de Arzúa.

Sobre as 22.30h Comezou a festa rachada, e foise achegando tamén a xente do pobo. As 23:00 h. comezamos a escoitar as gaitas e chegan David, Loli, Laura e Luci de Sarreaus cos seus instrumentos, gaita, bombo, tamboril e pandeireta. Todos tocan de todo e a festa estoupa. A sidra de Antonio e o licor café non faltan.O vello Antonio botou unha peza antes de ir durmir.Bailamos e cantamos de todo e Antonio (Portugal) deixounos abraiados co fado tan ben cantado.Os músicos marcharon a eso da unha pero a festa seguiu con Víctor  (impresionanchi) e Mary Fran.

Crónica de Cris, Dami e Viqui

 


 

 



[1] A cafetería está situada en plenas catedrais, declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).

[2] Colacao: 1´50 euros; Croissant: 1´20; Postal 1 euro.
[3] Na intersección da praza de España e esta rúa erguíase antigamente a Porta da Vila, acceso da muralla medieval. Foi derrubada en 1833.
[4] Amando foi médico benefactor dos probes. Cando a gripe do 1917, axudou a moita xente altruistamente.
[5] Chemi estivo con nós o 18 e 19 de xullo, acompañandonos en tódalas visitas por Ribadeo e Asturias occidental. Chemi é un gran coñecedor da historia, cultura, política, economía, de ámbalas dúas marxes da ría de Ribadeo.
[6] Segundo nos contaron, o pai de Chemi, Evaristo Lombardero, era un dentista que chegou a Ribadeo desterrado de Luarca polas súas ideas “Roxas”. Dende sempre, familia Lombardero, é coñecida e moi querida en Ribadeo e arredores. 
[7] A ponte inaugurouse hai uns 20 anos. Ten entre 32 e 35 metros de altura dependendo da marea, e 600 metros de longo. Os pilares están soterrados a 40 metros de area e 4 metros de auga. Dende a ponte vese o núcleo mariñeiro de As Figueiras, Ribadeo, Castropol e Vegadeo. Dada ás relacións comerciais entre Galicia e Asturias ten o dobre de tráfico que as saídas a Madrid.
[8] Sidra natural Menéndez, menos ácida que sidra natural Solleiro.
[9]Castropol é unha vila señorial duns 300 habitantes, chegando ós 600 habitantes na súa época de apoxeo.
 
< Anterior   Seguinte >
go to top