Remata a campaña de primavera do Proxecto Ríos Imprimir E-mail

20150523_13.35.27_reducida.jpgO día 1 de xuño remata a campaña de primavera do Proxecto Ríos. Como sempre, pedímosovos que nos enviedes os resultados dos vosos estudos co fin de incorporalos ao Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos que publicamos a inicios de cada ano. Podedes facelo ata o 30 de xuño. Tedes á vosa disposición o Xeovisor do Proxecto Ríos para inserir os resultados das vosas inspeccións. Tamén as podedes enviar por correo electrónico a : ou por correo postal ao enderezo de ADEGA.

Moitas gracias pola vosa participación!

< Anterior   Seguinte >
go to top