XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
captura_cartaz_morcegos.pngUn ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Serán os días 16 e 17 de xuño de 2017 nas ribeiras e sobreiral do río Arnego.
Este ano 2017 continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais. O venres pola noite estará dedicada á captura e identificación de morcegos. O sábado os grupos participantes dedicaranse a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo. Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.
Podes anotarte nos teléfonos: 981 57 00 99 / 616 238 050
Anímate a participar!!
Podes descarregar o Cartaz da Xornada

PROGRAMA:

VENRES 16 DE XUÑO

18.30h Os morcegos como bioindicadores do ecosistema fluvial. Xosé Pardavila. SOREX. O Casino (2º andar). Lalín.

20.30h Mostraxe de morcegos no río Arnego. Area de lecer de Carmoega.

Cartaz_Arnego_Xunho_2017_Morcegos.pdf

SÁBADO 17 DE XUÑO

10.30h Área Recreativa de Carmoega. Descuberta de biodiversidade.

14.00h Xantar nas parcelas custodiadas por ADEGA.

16.00h Inspección do río Arnego.

18.00h Posta en común e remate da descuberta de biodiversidade.

< Anterior   Seguinte >
go to top