banner_limpeza_web_pr.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Roteirríos polo Limia.
roteirrios_limia.jpgO vindeiro sábado 26 de outubro, convocamos o Roteirríos de outono, que desta volta estará adicado a coñecer diferentes ecosistemas doceacuícolas da comarca limiá. Na xornada, realizaremos un roteiro polo río Limia, achegándonos a súa biodiversidade. Coñeceremos tamén unha iniciativa de restauración realizada nunha das areeiras de Sandiás. A visita será guiada polo biólogo e restaurador de ecosistemas Diego R. Vieites (Verdegaia).
VI Limpeza de Ríos. Volvemos a Mollarnos Polos Ríos
adega_lugo_i.jpgA pesares do tempo que nos acompañou nesta fin de semana, fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na VI Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados. Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, paragolpes, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, con tambores de lavadoras e televisións. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado... Algúns dos grupos se adicaron tamén a manter os sendeiros de pescadores. Podes ver o mapa con todas as limpezas.
Crónica das XVIII Xornadas de Formación do PR
img_0346.jpgO Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA e financiado por Augas de Galicia e o IET, ven de celebrar o XVIII Curso de Formación para Coordinadores/as de Grupo o pasado sábado día 28 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, dedicamos un espazo para afondar no coñecemento da vexetación acuática presente nos nosos ríos.
Comeza a campaña de outono do Proxecto Ríos
foto_inspeccion_chaian.jpgO 15 de setembro deu comezo a campaña de outono do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 31 de outubro. Animámosvos a que saiades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Lembrade enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes.
Recordarvos que o Curso de Formación será o día 28 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos.
Tamén lembrar que o día 29 de setembro celebraráse a VI Limpeza Simultánea de Ríos.
 
XVIII Xornadas de Coordinadores/as de Grupo do PR
imagen1.jpgO próximo día 28 de setembro, sábado, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XVIII Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso desta volta será a flora e vexetación dos ríos galegos, a cargo de Xurxo Mouriño de Arcea. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, epecies fundamentais no noso traballo.
VI Limpeza Simultánea de Ríos
imagen1.jpgO vindeiro domingo 29 de setembro volvemos a Mollarnos polos ríos. Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 616 238 050 (Ramsés). Mail: Información na web: http://limpeza.proxectorios.org
Grande Chimpo 2013
logo_big_jump.jpgCoa chegada do verán, animámosvos a gozar dos nosos ríos e dar un grande chimpo nas frías augas do teu río máis próximo. O "BIG JUMP" é unha iniciativa da European Rivers Network (ERN) secundada por distintas organizacións europeas. Trátase de celebrar unha xornada festivo-reivindicativa nos ríos para reclamar a súa protección efectiva a través da aplicación da Directiva Marco da Auga. Está apoiada por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais europeas, entre elas ADEGA en Galiza.
Crónica do IX Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos
img_2417.jpg
O pasado 15 de xuño de 2013 celebrouse no Centro de Interpretación A Casa das Ínsuas (Rábade) o IX Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Como en anteriores ocasións convidouse ao voluntariado participante a compartir as súas experiencias sobre os traballos que realizan dentro do Proxecto Ríos e a gozar dun día de encontro e esparcemento ao carón dun río e espazo privilexiados. A xornada deu comezo ás 10:30 da mañá coa inauguración das xornadas por parte de Virginia Rodríguez, Coordinadora do Proxecto Ríos, e Óscar Rivas da Casa das Ínsuas e da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 113 - 128 de 376
go to top