banner_limpeza_web_pr.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Comeza a campaña de primavera 2013
vexetacin_ps_30.jpgO 15 de abril dará comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 31 de maio. A primavera parece que por fín chegou polo que vos animamos a que saíades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións.   Acordádevos de enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes.

Recordarvos que o Curso de Formación será o día 27 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos.

Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa

Creando Charcas. Voluntariado ambiental

cartazcharc.jpgO novo proxecto de ADEGA: Charcas con Vida convoca a primeira xornada de voluntariado que se celebrará o día 13 de abril. O lugar escollido para esta iniciativa será a Eira da Xoana (Agolada, Pontevedra), onde ADEGA posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus fins achegar á cidadanía galega o medio rural. Durante a xornada crearase unha Charca didáctica para o que se convoca unha xornada de voluntariado ambiental. Podes descargar o Cartaz nesta ligazón Cartaz Charcas.pdf

 

Custodiando o río Gallo: Limpeza de lavadoiros fluviais en Cuntis
imagen2.jpgA chuvia non desanimou aos voluntarios e voluntarias que o pasado sábado 9 de marzo se deron cita en Cuntis para levar a cabo a limpeza dos lavadoiros fluviais. Esta actividadade enmárcase no proxecto de Creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia e Lérez desenvolvida por ADEGA, financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A Asociación O Fervedoiro de Cuntis colabora con ADEGA dentro deste proxecto na bacía do Umia, desenvolvendo a súa iniciativa: Arredor da Auga, centrada na recuperación do patrimonio etnográfico vencellado ao curso do río Gallo na vila de Cuntis. Podes ver fotos da xornada no álbum de Picasa.
Flora Nemoral dos Ríos Galegos
imagen2.jpgVoltamos este ano 2013 a publicar a guía identificativa de flora nemoral dos ríos galegos para que disfrutedes recoñecendo estas fermosas plantas. Á flora nemoral pertencen plantas que medran no sotobosque e teñen adaptada a súa fenoloxía á estacionalidade do ecosistema, florecendo antes da primavera e aproveitando a insolación que penetra entre as pólas das árbores. O Proxecto Ríos ven de realizar un folleto con dez exemplares desta flora, que enche o solo das nosas fragas de vistosas cores e agradables recendos e que vos animamos a descubrir. Podes descarregar a guía (versión para imprimir) en PDF Flora_nemoral_2013.pdf
Roteirríos 2013. Treito alto do río Lérez
cartaz_roteirrios_2013_ii.jpgRuta circular polo novo tramo de pesca sen morte.
O vindeiro domingo 28 de abril o Proxecto Ríos organiza o primeiro Roteirríos 2013 desta volta destinado a coñecer iniciativas de Custodia fluvial.
A ruta aberta a toda a cidadanía pero con prazas limitadas percorrerá o novo tramo de pesca sen morte creado ao abeiro do Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez. Iniciativa de ADEGA financiada con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER que se desenvolve no Grupo de Desenvolvemento Rural número 20, nos concellos de Forcarei, Cuntis e A Estrada.
Podes descarregar o cartaz: Roteirrios_Rio_Lerez_2013.pdf
 
Crónica da xornada de voluntariado no río Liñares

img_9636.jpgA introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA organizou unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares o pasado sábado 16 de febreiro de 2013, contando coa colaboración do concello de Pontevedra.

FOTOS DA XORNADA

 

Resultado do Concurso do Proxecto Ríos
imagen1_3.pngVimos de facer o sorteo do Concurso do Proxecto Ríos sobre o Informe de Estado de Saúde dos Ríos Galegos. Entre todos os participantes que respostaron ben ás cinco preguntas formuladas, o agraciado foi Roberto Roget. Parabéns! En breve recibirá no seu domicilio os libros da Editorial A Nosa Terra "Augas Caídas Fervenzas de Galiza" e "Os Ríos de Galiza".
Voluntariado ambiental no río Liñares
imagen1_1.jpgADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, que se celebrará o sábado 16 de febreiro, dentro do proxecto de Creación dunha rede de Custodia Fluvial nas Bacías do Ulla Umia e Lérez. A actividade se desenvolverá no concello da Estrada na parroquia de Lagartóns. Podes descargar o cartaz en pdf: xornada dia16.pdf

A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas.

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 129 - 144 de 376
go to top