mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






Informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos en 2012
O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partires das análises realizadas polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis importantes desenvolvidas durante 2012. Os resultados das inspeccións amosan que o 45% dos ríos están nun estado moi bo; o 34,5% bo; o 12,5% moderado e o 8% deficiente. Obsérvase un descenso moderado dos treitos con estado "moi bo" e "bo" respecto aos anos 2010 e 2011, que pasa dun 82% a un 80% así como un aumento dos de calidade "deficiente".
 
CalendaRío 2013
Como todos portada_calendario.jpgos anos dende o Proxecto Ríos publicamos o CalendaRío coas actividades máis salientables para este novo ano. En 2013 queremos dedicarlle un espazo ás especies exóticas invasoras que habitan nos nosos cursos fluviais para poñer o acento no perigo que supoñen estas plantas e animais para a biodiversidade. Dende o 2007 o Proxecto Ríos leva divulgando esta problemática e o voluntariado, nas súas inspeccións, realiza un inventario da presenza que estas especies teñen nos nosos ríos. Este calendario foi enviado gratuitamente a todos os participantes do Proxecto Ríos. Tamén se pode descarregar en PDF na seguinte ligazón: CalendaRio_2013.pdf.
 
"Charcas con Vida", novo proxecto que une custodia, EA e voluntariado
ddddd.jpg Custodia do territorio, educación ambiental e voluntariado ambiental únense no proxecto "Charcas con Vida" para dar a coñecer os pequenos humidais de Galiza, contribuíndo á conservación do patrimonio e da natureza. A iniciativa ten como obxectivo divulgar a importancia das charcas como espazos de alto valor patrimonial, tanto cultural como natural, e fomentar comportamentos e prácticas que axuden ao seu coñecemento e conservación. O vindeiro 2 de febreiro (Día Mundial dos Humidais) ADEGA celebrará unhas xornadas no Pazo da Cultura de Pontevedra sobre a importancia da conservación das charcas. Baixa o pdfPROGRAMA(0,7 MB).
feliz 2013
feliz_2013.jpg
O Proxecto Ríos participa no Plan Proxecta e Migranet
20121201_12.39.16_reducida.jpgO pasado sábado 1 de decembro, o Proxecto Ríos participou en diferentes congresos e xornadas.
Por unha banda asistimos como ponentes no Congreso de presentación do Plan Proxecta da Consellería de Educación. O Plan Proxecta é unha proposta para que os centros de ensino de Galiza traballen temáticas transversais co seu alumnado a través dun proxecto interdisciplinar. O Proxecto Ríos participa coa temática "Ríos". Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer máis de cerca os obxectivos e a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos, así como todas as actividades que, ao longo de todo o ano, se realizan cos grupos participantes.
Crónica do ConversaRíos 2012
cartaz.pngO Proxecto Ríos ven de celebrar as xornadas ConversaRíos 2012 na Casa da Cultura de Bertamiráns, no Concello de Ames. Desta volta propuxemos a realización de dous vídeo - forum relacionados coa auga e os ríos.
O día 28 foi a inauguración das actividades coa proxección do documental "Os Mares Doces de Galicia" de Manuel E. Garci, investigador do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas.
Conversarríos 2012
conversarios.jpgO Proxecto Ríos continúa coas actividades para este mes de novembro coa organización de ConversaRíos 2012. Este ano proxectaremos dous filmes relacionados coa auga e os ríos. Estas xornadas están dedicadas a poñer en valor a diversidade natural e cultural dos nosos ríos cun formato de charlas debate, neste caso coa realización de vídeo – fórums. Serán os días 28 e 29 na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 18:30h. Proxectaremos os documentais "Os Mares Doces de Galicia" e "Flow, por amor á auga". Podes descarregar o cartaz da actividade en PDF: Cartaz Conversarios 2012.pdf
Conservando o patrimonio etnográfico do río Gallo
lavado.jpgO proxecto Arredor da Auga é unha iniciativa de custodia fluvial que ADEGA en colaboración coa asociación O Fervedoiro promoven na vila de Cuntis. Enmárcase dentro dun proxecto maior que se desenvolve nas bacías do Ulla do Umia e do Lérez, e que pon en valor o patrimonio natural e cultural dos ecosistemas fluviais mediante iniciativas de entidades sociais
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 145 - 160 de 383
go to top