O Proxecto Ríos ven de presentar, conxuntamente coa Universidade de A Coruña, un programa de promoción do voluntariado no seo de dita universidade. Dentro do Programa de Promoción do Voluntariado Ambiental para o alumnado da UDC, o Proxecto Ríos deu conta das actividades e propostas que se están a desenvolver con alumnos e alumnas dos campus de Elviña e A Zapateira. Estas actividades está relacionadas coa custodia do territorio, unha nova ferramenta en educación ambiental para a conservación da biodiversidade a través do voluntariado.
Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.
Co inicio do ano, dende o Proxecto Ríos, editamos un calendario que achegamos a todos/as os/as participantes, co obxectivo de informar das actividades previstas para o 2009. No CALENDA-RÍO 2010 pódense consultar as datas das actividades centrais do Proxecto Ríos deste ano.
Os treitos fluviais galegos amosan en 2009 unha preocupante tendencia cara ao empeoramento, tanto no seu estado de saúde como na calidade do bosque de ribeira. O Proxecto Ríos iniciativa promovida por ADEGA, ven de apresentar o Informe 2009 sobre o estado de saúde dos nosos ríos. No informe expoñemos os resultados das análises nas campañas de primavera e outono, realizadas polos 283 grupos de voluntarios/as ao longo de todo o país. O Informe Anual permite aproximarnos ao estado de saúde das diferentes bacías en base á metodoloxía e indicadores empregados. Podes descargar eiquí o informe completo. Informe RÍOS GALEGOS 2009 (5.46 MB) .
Os días 24-27 de Novembro o Proxecto Ríos vai participar no III Congreso sobre Especies Exóticas Invasoras, organizado polo grupo de especialistas en Invasiones Biolóxicas (GEIB). Presentaremos un poster co título "O papel da educación e do voluntariado ambiental na xestión das EEI", onde se recollen unhas reflexións e apuntamentos sobre o papel da EA e do voluntariado ambiental en actividades de erradicación de Especies Exóticas Invasoras (EEI)
O 15 de novembro de 2009 é a data límite que teñen os/as participantes no Proxecto Ríos para enviar os resultados das súas inspeccións de río realizadas durante a campaña de outono. Como sempre, podedes enviar estes datos por correo electrónico (
) ou ben por correo postal á sede do Proxecto Ríos: Travesa de Basquiños, 9 baixo 15704 Santiago de Compostela.
Na zona descargas podes baixarte a folla resumo actualizada.
Queremos agradecer a todos os integrantes do proxecto o traballo desenvolvido durante este ano 2009.
Neste xa rematado mes de outubro de 2009 vénse de realizar a III edición do campamento de voluntariado ambiental no río Tea, en colaboración co ministerio de Medio Ambiente, medio Rural e Marino, dentro do programa de Voluntariado en ríos da citada entidade. Continuáronse os traballos de eliminación de especies de flora exótica invasora, comezados o ano pasado, no II Campamento.
14 de outubro de 2009. O Proxecto Ríos participará cunrelatorio sobre boas prácticas nas actividades de voluntariado ambiental nos ecosistemas fluviais, no III Seminario Permanente: “VOLUNTARIADO PARA LA CONSERVACIÓN DE LA BIODIVERSIDAD” que se celebrará en Valsaín (Segovia) os días 15, 16 e 17. Estes seminarios teñen como obxectivo potenciar a colaboración e a coordenaciónentre o voluntariado relacionado coa conservación da biodiversidade para así detectar liñas de actuación entre diferentes colectivos. Tamén se pretende crear un espazo de encontro para o intercambio de experiencias e información que posibilite a colaboración entre diferentes proxectos de voluntariado do estado. Descarrega o programa III SEMINARIO PERMANENTE (29 KB)