Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






20 de Xuño. V Encontro do Voluntariado do Proxecto Ríos

v_encontrosdef.png

CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN por problemas coa axenda de Manuel Caamaño  e en previsión da calor para facer o roteiro pola tarde

No mes de xuño realizaremos o V Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos, que terá lugar o sábado 20 de xuño, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). Este encontro pretende ser o espazo físico, donde o voluntariado do Proxecto Ríos poida presentar os seus traballos, experiencias, audiovisuais, etc.

Este ano o encontro centrarase no valioso patrimonio cultural asociado aos ecosistemas fluviais para divulgalo e poñelo en valor como unha peza fundamental para a conservación dos nosos ríos.

 


30-31 de Maio Campo de voluntariado ambiental no Tea

arrincando_raices_de_tintureitas10.jpg O fin de semana do 30 e 31 de maio, darase continuidade as actividades de voluntariado ambiental  iniciadas no outono do 2008, para a eliminación de especies exóticas invasoras no río Tea, así como avaliaranse os protocolos de erradicación empregados para as distintas especies. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (ferramenta, botas de auga, material de inspección) así como dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante a fin de semana o voluntariado permanecerá aloxado no albergue Alentea  ubicado en Barciademera, (O Covelo), en rexime de pensión completa. Para o desplazamento empregarase un autobús posto pola coordinación do proxecto.

O campo de voluntariado e gratuíto e as plazas son limitadas.

Roteirrios 09. 9 de maio-Os muiños do Folón
roteirrios_09_nl.jpgA data deste roteiro modificouse por mor da manifestación do día 17 de maio en defensa da lingua.Neste roteiro visitaremos pola mañá, un dos conxuntos de muíños mais importantes do pais, constituído por 36 muiños en fervenza. Pola tarde visitaremos o aguamuseo do río Miño, en Vilanova de Cerveira.
Crónica das IX xornadas de formación de coordenadores de grupo do PR
meri_no_ro_10.jpgCon motivo do comezo da campaña de primavera do Proxecto Ríos, o pasado sábado 18 celebrouse na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o IX curso de formación do Proxecto Ríos. Estes cursos están pensados para afondar no recoñecemento de macroinvertebrados por parte das persoas participantes no Proxecto Ríos e así facilitar a realización das inspeccións nos seus respectivos treitos. Mais tamén serven para dar a coñecer un pouco máis o Proxecto entre os aínda non inciados que teñen interese en unirse e formar parte do Proxecto Ríos.
Saída formativa do Proxecto Ríos en Vigo
Coa campaña de primavera, o Proxecto Ríos comeza as actividades divulgativas e formativas arredor dos ríos. A finalidade do Proxecto Ríos é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas para o seu mantenemento e mellora, proporcionando as ferramentas para participación da cidadanía. Do 15 de abril ao 1 de xuño os grupos do Proxecto Ríos achegaranse ao seu río para facer a inspección. Cos datos recollidos e os da campaña de outono, realizarase o Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos, que se presentará o 15 de decembro. En Vigo, a inspección farase no río Eifonso, que pasa pola zona máis rural da cidade. Será o domingo 26 de abril de 10.30 a 14.00h.
 
Roteirrios 09. 25 de abril Parque etnográfico do Arnoia (Allariz)
roteirrios_09.pngNa vila de Allariz coñeceremos os elementos que integran o Parque Etnográfico do Arnoia: Muíño do Burato, Museo do Tecido e Museo do Coiro, exemplo de conservación e posta en valor do patrimonio fluvial, e  visitaremos o centro de educación Ambiental do Rexo.
Novas Fichas de Inspección: Especies Exóticas Invasoras
especies_invasoras.jpgComo novidade nesta campaña presentámosvos as novas fichas de inspección sobre especies exóticas invasoras. Na actualidade considerase a presenza de estas como a segunda causa de perda de biodiversidade, so por detrás da destrucción de hábitats. No noso pais podemos apreciar un incremento continuado de especies invasoras en todolos grupos taxonómicos, tanto de flora como de fauna. Os ecosistemas fluviais, debido as súa peculiaridades (elevada variabilidade temporal espacial, fraxilidade de alteraciónda calidade, elevada conectividade interna, etc) fainos especialmente vulnerabeis á invasión exitosa das especies exóticas.
Proxecto Ríos participa na presentación do programa de Voluntariado en Ríos 2009
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, vén de seleccionar o Campo de Voluntariado Ambiental do río Tea para a eliminación de especies exóticas invasoras, organizado por ADEGA-Proxecto Ríos e financiado ao abeiro das axudas do programa de Voluntariado en Ríos de dita entidade, como experiencia para presentar na inauguración da convocatoria de 2009 do programa de Educación Ambiental e Voluntariado en Ríos.  A presentación terá lugar este martes 7 de abril no salón de actos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Resultados 33 - 48 de 134
go to top