banner_limpeza_web_pr.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Saída Formativa
Maio 24, 2017
Acompañaremos ao alumnado do CPI de Pontecarreira no estudo dun treito do río Tambre.

Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Comeza a campaña de outono 2015
20150523_13.35.27_reducida.jpgO próximo 15 de setembro comeza a campaña da outono do Proxecto Ríos. Durante este período, que se estenderá ata o 31 de outubro, o voluntariado participante sairá aos seus treitos de río a facer o estudo da calidade ecolóxica do río. Para tal motivo, enviaremos por correo postal os reactivos necesarios para a análise fisicoquímica. Durante a campaña realizaremos actividades relacionadas cos nosos ríos que podedes seguir na nosa web: www.proxectorios.org
Os resultados das inspeccións pódense inserir directamente no Xeovisor do Proxecto Ríos.
Podedes descargar a ficha de inspección 2015 AQUÍ
Voluntariado Ambiental para a Eliminación de EEI no río Limia

ludwigia_red5_2.jpgADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental para o sábado 19 de setembro. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é o río Limia e a contorna da Lagoa de Antela que forman parte do ZEC Baixa Limia.

ADEGA asinou en 2015 un convenio de coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza para desenvolver un programa de educación, divulgación e voluntariado ambiental que contempla actuacións centradas na conservación de especies e hábitats na xeografía galega e na loita contra as especies exóticas invasoras. A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA leva anos traballando nesta temática, é por iso que unha vez máis organiza esta xornada dando á cidadanía a oportunidade de actuar con iniciativas de custodia no medio fluvial.

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse:

e-mail: Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038

 Ficha_Inscricion_Limia.doc Ficha_Inscricion_Limia.doc

Cartaz_Eliminacion_Limia.pdf Cartaz_Eliminacion_Limia.pdf 

XXII Xornadas de Formación do Proxecto Ríos
captura_cartaz_2.pngO sábado 26 de setembro, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XXII Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso será afondar no coñecemento dos Odonatos, identificando ninfas deste grupo de insectos moi abundantes nos nosos ríos. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: XXII _Curso_De_Formacion.pdf
Voluntariado ambiental para a eliminación de EEI en Fisterra

red2.jpgO mercores 22 de xullo, Adega e o Proxecto Ríos imos realizar unha xornada de voluntariado ambiental para contribuir na eliminación de duas poboacións de alternanthera philoxeroides en Hermedesuxo (Fisterra). Trátase dunha primeira cita para a península Ibérica, de ahí a importancia de actuar de xeito temperá. Traballaremos ao longo de toda a maña, tendo cuberto o voluntariado un seguro de responsabilidade civil así como o xantar.
Sairemos as 9.00h do local de ADEGA en Compostela, para chegar as 10.15h ao lugar de Hermedesuxo

 Se estás interesado /a en participar ponte en contacto con nos, xa que as prazas son limitadas ( )

VIII Limpeza Simultánea de Ríos
cabeceira_web01.jpg
 
O día 27 de setembro celebraremos a oitava edición da Limpeza Simultánea de Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais.
#LimpezaRios
O Proxecto Ríos no III Congreso Internacional de EA dos Países e Comunindades de Lingua Portuguesa

imagen_sin_ttulo.pngMais de 500 participantes dos países e comunidades de língua portuguesa e Galiza irão partilhar as suas experiências, projetos, metodologias e investigações/pesquisas, associando um programa cultural aberto à comunidade. A programação contará com a multiplicidade de olhares do campo da Educação Ambiental dos países, regiões e comunidades falantes da língua portuguesa, além de fomentar o amplo debate no fórum promovido pela Rede Lusófona sobre o tema “Educação Ambiental e Participação Social: travessias e encontros para os bens comuns”. Será o 8, 9, 10 e 11 de Xullo de 2015. O Proxecto Ríos participará con varias actividades divulgativas sobre o proxecto, así como exemplares do material editado nos últimos 10 anos.

A través do twitter e facebook irémovos informado

Web do Congreso

Crónica do Biobliz e do XI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

 img_3120.jpgO sábado 20 de Xuño celebramos a undécima edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de facer protagonistas aos voluntarios e voluntarias, a través de presentacións das actividades que realizan no marco do Proxecto Ríos. Serve tamén como intercambio de experiencias entre o voluntariado. En 2015 quixemos darlle un aire novo a esta actividade, propoñendo unha Descuberta de biodiversidade (Bioblitz) para profundizar máis no coñecemeto da flora e a fauna que habita nos nosos ríos e ribeiras, en concreto do Ulla-Pambre.

Podes ver as fotos da xornada AQUI

Listado_Flora_Serpentinas Listado_Flora_Serpentinas

XI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos
cabeceras_web01.jpgUn ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos. Será o día 20 de xuño de 2015. Desta volta se realizará na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Este ano 2015 o Encontro de Voluntariado estará dedicado, como en anos anteriores, a coñecer diferentes experiencias de grupos que participan no Proxecto Ríos. Ademais, como novidade, desenvolverase unha actividade de descuberta de biodiversidade, tamén coñecido como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos dos ríos Ulla e Pambre para coñecer máis de cerca os tesouros que agochan os nosos ríos. Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo.
Con esta actividade queremos darlle un aire novo aos encontros de voluntariado e divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos. Ademais, o curso alto do río Ulla é un dos espazos fluviais máis espectaculares de Galicia e moi axeitado para realizar este tipo de actividade.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 49 - 64 de 374
go to top