O fin de semana do 24-25 de maio visitaremos o macizo central ourensá. O sábado 24 de maio, dentro do programa Roteirríos 08, coñeceremos un río de alta montaña, o río grande, e o domingo realizaremos a ascensión ao alto de San Mamede, actividade enmarcada no programa Montañas en rede 2008. |
|
|
Como é xa habitual en cada inicio de campaña do Proxecto Ríos, o pasado sábado 19 celebrouse na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con o VII curso de formación do Proxecto Ríos. Estes cursos están pensados para afondar no recoñecemento de macroinvertebrados por parte das persoas participantes no Proxecto Ríos e así facilitar a realización das inspeccións nos seus respectivos treitos.Neste VII curso quixemos tamén afondar no coñecemento das especies exóticas invasoras que están presentes cada vez máis nos nosos ecosistemas, centrándonos nos ecosistemas fluviais.
|
|
O Roteirríos do 26 de abril LIC Ladra-Parga-Támoga, non se vai poder realizar por cuestións alleas a nosa vontade, no seu lugar realizaremos o Roteirríos polas Torrentes do Ulla, (Mácara) propostas para formar parte da Rede Natura 2000. Pola tarde visitaremos a Eira da Xoana, proxecto de equipamento de ADEGA no ámbito da Educación Ambiental, sede dos distintos proxectos que se están a levar adiante na actualidade (Proxecto Ríos, Compostaxe caseira, Fogares verdes, Obradoiros con mulleres do medio rural). |
|
O 15 de abril iniciase a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 1de xuño. Todos e todas que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e se sodes xa membros e tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos. Na actualidade somos xa 240 grupos as que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SÚMATE! |
|
|
O día 19 de Abril terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as VII Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Nestas VII Xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras.Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos; As especies invasoras, a segunda causa de perda de biodiversidade despois da destrucción de hábitats.
Cartaz das xornadas VI IXornadas de coordenadores prim. 08.pdf (461.79 KB) |
|
Mediante unha saída sinxela pretendemos elaborar un mapa sobre a situación das árbores de ribeira. Esta actividade mostraranos unha “instantánea” da situación das especies seleccionadas ao longo do país Pretendemos facer unha saída concentrada en tres días, 11, 12 e 13 de abril. |
|
O día 8 de marzo ADEGA e o Proxecto Ríos comezaron a segunda edición do programa de roteiros relacionados cos ríos do noso territorio. Este ano quixemos vencellar os percorridos cos ecosistemas fluviais que están incluídos dentro da Rede Natura 200 en Galiza. |
|
|
Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto RÍOS que pretende unir ríos e persoas, Continuamos coa andaina iniciada o ano pasado tentando achegar os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico, asi como dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e social asociado. Ríos + Rede Natura: na edición de 2008 irnos achegamos a ríos que estean incluidos na Rede Natura, para coñecer os seus valores e as súas ameazas: LIC río Tambre (8 de marzo); LIC Parga-Ladra-Támoga (26 de abril); LIC Macizo Central (24 de maio). Participa en ROTEIRRÍOS! Baixa o ROTEIRRIOS2008.pdf (1.60 MB) |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 65 - 80 de 134 |