banner_limpeza_web_pr.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Saída Formativa
Maio 24, 2017
Acompañaremos ao alumnado do CPI de Pontecarreira no estudo dun treito do río Tambre.

Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






XX Xornadas de Formación do Proxecto Ríos
captura_cartaz.jpgO próximo sábado, día 27 de setembro, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XX Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso será achegarnos ao proxecto LIFE Margal-Ulla que desenvolve a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: XX_Cuso_De_Formacion.pdf
Comeza a campaña de outono 2014
foto_rio.jpgO 15 de setembro comeza a campaña de outono do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 31 de outubro. Animámosvos a que saiades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Nestes días enviaremos os reactivos para as análises físico-químicas da auga. Lembrade enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes.
Recordarvos que o Curso de Formación será o día 27 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos.
Tamén lembrar que o día 28 de setembro celebraráse a VII Limpeza Simultánea de Ríos.
VII Limpeza Simultánea de Ríos
cabeceira_proxectoros0101_reducida.jpgO domingo 28 de setembro volvemos a Mollarnos polos Ríos. Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 619 672 038. Mail: . Información na web: http://limpeza.proxectorios.org
Xunta e ADEGA anovan o convenio de colaboración para seguir desenvolvendo o Proxecto Ríos
sinatura_pr142.jpg10 anos, 3 lexislaturas con diferentes governos e milleiros de voluntarios/as por todo o país avalan o Proxecto Ríos, a iniciativa de voluntariado ambiental e custodia fluvial máis numerosa e extendida na Galiza.
Crónica da Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos
img_8913.jpgO pasado 29 de xuño celebramos o décimo aniversario do Proxecto Ríos. Desenvolveuse esta efeméride na área recreativa de Tapia, no Concello de Ames, ao carón do río Tambre.
A xornada comezou ás 11:00 da mañá cun tempo atmosférico adverso xa que chovía un miudiño. Isto motivou o retraso de primeira actividade, un roteiro interpretativo polo río Tambre, que se iniciou ás 12:00h e ao que asistiron case 30 persoas.
 
 
Conclusións VIII Seminario de Voluntariado en Ríos
viii_seminariodespedida_del_grupo_tcm7333973.pngO pasado 26, 27 e 28 de maio de 2014 desenvolveuse en Murcia o VIII Seminario Permanente sobre Voluntariado para a Conservación da Biodiversidade en Ríos e Ribeiras. Estes seminarios teñen como obxectivo divulgar e compartir as experiencias que, dende as diferentes confederacións hidrográficas, se realizan para a conservación dos ríos do Estado Español. Unha parte moi importante destas actividades están promovidas por entidades de acción voluntaria como o Proxecto Ríos ou ADEGA. Xa se poden consultar as actas das xornadas.
 
 
 
Festa 10 Anos do Proxecto Ríos
captura_cartaz.pngEste ano 2014 o Proxecto Ríos cumpre dez anos.
  O 29 de xuño de 2014 queremos celebrar o décimo aniversario convosco, e para iso temos organizada a Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos ao carón do río Tambre na área recreativa de Tapia. A celebración durará todo o día, e teremos actividades ambientais e culturais, haberá música e tamén ofreceremos café e sobremesa. Estades, polo tanto, convidados e convidadas a compartir esta festa dos ríos e polos nosos ríos. 
Vémonos o domingo 29 de xuño!
 
Podedes descarregar o Cartaz_Festa_Rios.pdf  e o programa da xornada programa festa.pdf (349.56 KB).
Remata a Camapaña de Primavera do Proxect Ríos
049_separacion_en_placas_macroinvertevrados_reducida.jpgA campaña de primavera do Proxecto Ríos rematou o pasado día 1 de xuño. Coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos, pedímosvos que nos enviedes os resultados das vosas inspeccións por correo electrónico a ou ben por correo postal a: Travesa de Basquiños, 9 baixo 15704 Santiago de Compostela. Ata o día 30 deste mes de xuño poderedes facer o envío das inspeccións.
Se tedes o voso usuario e contrasinal podedes tamén subir os resultados á aplicación web do Proxecto Ríos. De todas formas enviade igualmente os datos. Gracias pola vosa participación e compromiso cos nosos ríos.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 81 - 96 de 374
go to top