banner_limpeza_web_pr.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






O Proxecto Ríos participa nas xornadas da ASPEA nos Açores
cartaz_1.pngA ASPEA (Associação Portuguesa de Educação Ambiental), organiza as XXI Jornadas Pedagógicas de Educação Ambiental, na illa do Faial (Açores) entre os días 13 e 17 de marzo. Baixo o título de Dos ríos aos océanos, realizaranse diversas actividades, grupos de traballo, mesas redondas, obradoiros, etc. Proxecto Ríos foi convidado a participar neste encontro para presentar as actividades desenvolvidas polo proxecto.
A finalidade do encontro dirixido a educadores ambientais, profesorado, investigadores, etc., é promover a divulgación e estudos no eido da educación ambiental ligada aos ecosistemas acuáticos, incidir na formación e educadores ambientais e intercambiar experiencias e aprendizaxes entre os/as participantes.
PROXECTO RIOS 2014. CALENDA-RIO DE ACTIVIDADES
Apresentamportada_calendario_2014.jpgos o CalendaRío de actividades do Proxecto Ríos para 2014. Nel poderedes ver todas as actividades que temos programadas para este ano, no que ademais cumprimos 10 anos. Celebraremos o décimo aniversario cun Encontro de Voluntariado moi especial e outras actividades que estamos programando, das que daremos cumprida conta na web e no boletín mensual Gardarríos. Podedes descarregar o Calendario nesta ligazón:  Calendario.pdf.
 
 
 
Resultado do Concurso do Informe do Proxecto Ríos
libelula_2.jpgXa temos gañadora para o concurso sobre o Informe do Proxecto Ríos 2013. A afortunada é Elisa González Bande, que respostou correctamente ás preguntas formuladas e resultou agraciada no sorteo realizado a semana pasada pola equipa do Proxecto Ríos. Parabéns Elisa! En breve recibirás no teu domicilio a Guía de Libélulas de Galicia da Editorial Baía. Queremos agradecer a todas as persoas que enviaron as respostas a súa participación no concurso, e desexámoslles máis sorte a próxima vez.
Descarrega o caderno de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez
0imagen1.jpgO proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez é unha iniciativa que comezou no 2010 da man de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e que contou con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER. Esta iniciativa desenvolveuse no Grupo de Desenvolvemento Rural 20 (GDR20) que abrangue os concellos d´A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.
Concurso do Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos
libelulas.jpgO Proxecto Ríos premia o teu interese polo estado dos nosos ríos. Se lle botas un ollo ao Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos de 2013, poderás contestar ás cinco preguntas que formulamos. Entre as persoas que acerten ao contestar esas cinco preguntas sortearemos a Guía de Libeliñas da Editorial Baía.
Resultados do Informe Anual 2013
informe_2013._red9.jpgO informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partires das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2013. Os resultados das inspeccións realizadas polo grupos de voluntarios/as amosan que existe unha tendencia cara un estado bo dos nosos ríos. A porcentaxe de treitos con calidade deficiente se mantén como en 2012, e se corresponden cos ríos Aríns, Chanca, Mero e Limia en primavera e o Lagar, Esteiro e Limia en outono. Podes descarregar o Informe completo nesta LIGAZÓN
Informe Anual 2013 e Actividades de 2014
imagen1_3.jpgO próximo 11 de febreiro na Galería Sargadelos de Compostela ás 12:00h, o Proxecto Ríos presentará aos medios de comunicación e á sociedade en xeral o Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos 2013, froito do traballo realizado polo voluntariado durante o pasado ano. Xunto co informe daremos conta tamén de todas as actividades desenvolvidas ao longo de todo o 2013.
Presentaremos tamén o calendario de actividades previstas para 2014, ano no que o Proxecto Ríos cumpre 10 anos.

10 Anos custodiando os ríos Galegos
pr_feliz_2014.jpg
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 97 - 112 de 372
go to top